spot_img
InicioO MorrazoCangas do MorrazoA confraría de Cangas avalía as necesidades do sector da zona coa...

A confraría de Cangas avalía as necesidades do sector da zona coa conselleira do Mar

A confraría de Cangas avalía as necesidades do sector da zona coa conselleira do MarA conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou hoxe a confraría de pescadores de Cangas, onde mantivo un encontro cos seus representantes para coñecer as súas necesidades e aclarar dúbidas relacionadas coa súa actividade.

A titular de Mar estivo acompañada durante a visita pola presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, e pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, e alí puxo de relevo a importancia de manter o contacto entre sector e Administración coa finalidade de buscar as mellores solucións ás necesidades dos profesionais do mar.

Nesta liña fixo fincapé na conveniencia do mantemento das instalacións dos portos e das lonxas para seguir cumprindo con todos os requisitos técnico-sanitarios e, no caso de Cangas, tamén coa marca de calidade pescadeRías, coa que traballan no peirao deste concello. Unha marca, lembrou Rosa Quintana, que acredita a boa calidade dos produtos de Galicia e das instalacións nas que se poñen á venda.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.