spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaA Concellería de Normalizacón Lingüística presenta a serie documental ‘Os tesouros de...

A Concellería de Normalizacón Lingüística presenta a serie documental ‘Os tesouros de Redondela’ centrado na historia das parroquias

A Concellería de Normalizacón Lingüística presenta a serie documental ‘Os tesouros de Redondela’ centrado na historia das parroquiasO primeiro documental que sae á luz este sábado 14 conta a historia de ‘O Viso’. A presentación terá lugar no auditorio do Multiusos da Xunqueira ás 19 horas. O grupo de pandereteiras Terra Meiga abrirá o acto.

Cousas de revista nº16

A Concellería de Normalizacón Linguística do Concello de Redondela, que dirixe a alcaldesa Digna Rivas, presenta un proxecto audiovisual sobre o patrimonio do municipio centrado nas parroquias. Este segue a línea dos libros sobre toponimia e a páxina web xa creada co propósito de conservar a historia etnográfica de Redondela. Dende o SNL tamén anuncian que ambos proxectos continuarán con novas entregas e a alcaldesa apunta que “están esperando a resposta da Xunta de Galicia para que o secretario de SNL nos reciba e valore o traballo que consideramos de gran importancia”.

O primeiro documental que sae á luz este sábado conta a historia de ‘O Viso’e estará dispoñible en Youtube e redes sociais de forma gratuita.  Digna Rivas quixo agradecer a colaboración da Sociedade Cultural do Viso en todo este camiño, así como a Fernando Carreira (Cuchi)  e todo o equipo de producción, dirección e montaxe do documental por indagar a través da fotografía e documentos de arquivo e plasmar de forma emotiva, pero fiel a nosa historia ”.

Fernando Carreira, o director da obra, explica que esta xurde a través dun libro editado pola Asociación Cultural do Viso chamado ‘O viso, A construcción dunha paisaxe cultural’. A través da asociación contactan co arqueólogo Xurxo Costela quen escribe o guión e fai de campo que despois se utilizaría como referencia no documental. No filme, plásmanse ás entrevistas realizadas aos veciños e veciñas da parroquia que contan a súa vida social, as festas, o seu modo de traballo e sobre todo anécdotas que dan vida ás historias de Redondela. Ademais, pódense ver fotografías de arquivo que reflexan a sociedade da época e a situación na que vivía a xente  fai máis de 60 anos. “O traballo foi moi bonito, non só porque recuperamos as vivencias e anécdotas da xente do Viso, senón porque estas valen de recordo para non esquecer o noso pasado. Este é un exercicio de memoria para non olvidar o que era e é Redondela”, conclúe Carreira.

O documental deste sábado é unha aposta máis na visibilización do patrimonio material e inmaterial das parroquias de Redondela. Un proxecto que pretende ter continuidade para ofrecer un repositorio audiovisual do conxunto de Redondela. “Comezamos co Viso e continuaremos co resto de parroquias. A participación da xente máis vella, así como a divulgación dun patrimonio cada vez mellor coñecido e valorado, axudan a que sexamos conscientes do enrome valor cultural que reside nestas zonas e na poboación redondelá”, explicaba a rexidora local, Digna Rivas.

Por outra parte, estes documentais teñen unha vertente didáctica que pode ser usada como material ou como recursos para moitas asignaturas dos institutos de Redondela ou bibliotecas.

Por último Rivas indica que “dende o SNL, departamento do cal xurdiu este proxecto, se leva feito moito para dotar de protagonismo as parroquias. Fixéronse xa publicacións de libros divulgativo, no proxecto “Libros de Parroquias” (Cabeiro, Cesantes Negros, Reboreda, Trasmañó e Ventosela), e de recollida de microtoponimia (Cabeiro, Negros, Vilar de Infesta)”.

Dende o SNL tamén anuncian que ambos proxectos continuarán con novas entregas. Para o primeiro caso, serán as parroquias de Saxamonde, Cedeira e Vilar; para o caso da microtoponimia, serán Quintela, Cedeira e Saxamonde.

‘Os tesouros de Redondela: O Viso’ estará dispoñible para o público xeral por primeira vez este sábado 14 de xaneiro ás 19 horas no Auditorio do Multiusos da Xunqueira. A entrada é de balde e pódese coller con antelación no Multiusos da Xunqueira ou na tenda Da Concha (O Viso).

 

- Publicidade -spot_img