A Casa Galega da Cultura acolleu este martes na a inauguración da exposición que recolle sesenta pezas pertencentes aos fondos que a Fundación foi salvagardando ao longo dos seus primeiros sesenta anos de historia.
Ao acto acudiron entre outros o Abel Caballero, alcalde de Vigo, Víctor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega, Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega e Antón Vidal Andión, vicepresidente da Fundación Penzol.
O Comisario da Mostra, Xose Manuel Soutullo, abriu o turno de intervencións dando conta do contido da exposición, de manera detallada. Pola súa banda o Presidente da RAG, lembrou entre outras cousas, a fe increbantable de Penzol “era músculo e pulmón”. Tamén a importancia que no seu tempo mozo tiña para eles. O Vicepresidente agradeceu a colaboración do Concello en todos estos anos e lembrou tamén a todos os que estiveron a frente da Fundación ao longo destos anos.
Finalmente o Abel Caballero puxo en valor o traballo da Fundación Penzol que ten a súa sede na Casa Galega da Cultura, na Praza da Princesa: “é algo máis ca un lugar, ca unha fundación; e un símbolo e unha forma de entender Galicia” e celebrou o sesenta aniversario da entidade “60 anos dun símbolo que nos une a todos e que somos capaces de sentilo co mesmo entusiasmo”. O alcalde comprometeu a cooperación do Concello coa Fundación: “seguiremos cumprindo a a nosa función e daremos apoio á Penzol para o que pidades” e desexou “infinitas primaveras para a Penzol”.
“60 pezas para 60 anos. Fundación Penzol, 1963-2023”, é a mostra que celebra os sesenta anos da creación da entidade e que pode visitarse desde este martes, 21 de febreiro, e ata o vindeiro 21 de maio.
Na exposición preséntanse sesenta pezas, unha por cada ano de existencia da Fundación, seleccionadas dos seus valiosos fondos das seccións de obxectos, carteis, cartografía de Galicia, libros manuscritos, fondos arquivísticos, libros impresos e revistas e publicacións periódicas. Conforman unha mostra significativa do que se custodia nas instalacións da Penzol.