O biólogo e veterinario, Carlos Barros, vecino de Sanxenxo, participa no proxecto Perpantar que estuda os efectos do cambio climático a través dos pingüíns
Estudar os efectos do cambio climático a través do comportamento de colonias de pingüíns da Antártida en distintas fases vitais levou ao biólogo e veterinario, Carlos Barros, a 12.554 quilómetros do seu municipio natal. A oportunidade de participar nun proxecto co CSIC chegoulle a través do seu traballo como conservador de aves no Oceanogràfic de Valencia. Non é a primeira vez que realiza expedicións deste tipo, en novembro estivo en Illas Galápagos, pero si a primeira na Antártida onde Isla Decepción foi unha das bases de operacións.
O traballo repartiuse en tres fases duns 20 días aproximadamente cada unha delas nas que se analizaron tres clases de pingüíns presentes no continente para coñecer como o quecemento global está a afectar ás súas funcións vitais. “Son uns auténticos bioindicadores e sentinelas do cambio climático. Son máis sensibles que calquera outra especie e iso permítenos en moitos casos para tomar medidas con certa antelación”, explica Barros. Este proxecto non só permitiralles contar cunha fotografía da situación senón monitorizar a estas aves durante aproximadamente un ano con geolocalizadores e rastrexadores que lles axudarán a profundar no coñecemento desta especie.
Ao longo de máis de 60 días, Barros que se comunicaba case a diario coa súa familia de Sanxenxo tivo a idea de fixar ao seu municipio natal nunha rosa dos ventos que hai na illa volcánica cos quilómetros que lle separaban dos seus seres queridos. “En períodos vacacionais e sempre que podo volvo a Sanxenxo onde teño á miña familia e visito a miña praia desde a infancia, Panadeira. Sanxenxo é un lugar privilexiado para vivir, un paraíso”, asegura.