·Publicidade ·spot_img
InicioVigo e áreaVigoA Casa das Artes acolle a exposición "Un Humanismo moderno. Colmeiro-Seoane-Picasso-Vertés"

A Casa das Artes acolle a exposición “Un Humanismo moderno. Colmeiro-Seoane-Picasso-Vertés”

A Casa das Artes acolle a exposición Un Humanismo moderno. Colmeiro-Seoane-Picasso-VertésO pasado xones abriu na planta primeira da Casa das Artes (Policarpo Sanz, 15) a exposición “Un Humanismo moderno. Colmeiro-Seoane-Picasso-Vertés”, organizada pola Asociación Amigos do Pintor Colmeiro e maila Fundación Museo de Artes do Gravado de Ribeira, coa colaboración do Concello de Vigo.

A mostra reúne significativos exemplos do traballo gráfico e da ilustración de dúas figuras cimeiras da arte galega: Manuel Colmeiro e Luís Seoane, que no exilio arxentino e durante os anos corenta desenvolven unha estética con resonancias clasicistas. En diálogo cos nosos autores exponse a famosa Suite Vollard de Pablo Picasso, cen gravados feitos en diversas técnicas: buril, punta seca, augatinta ao azucre e augaforte, elaborados entre setembro de 1930 e xuño de 1936 e as ilustracións de Dafnis e Chloé (1954) realizadas polo artista de orixe húngara Vertès, un gravador afincado en Francia que desenvolve unha obra con indubidábeis referencias picassianas nos mesmos anos que os traballos do noso exilio.

A Casa das Artes acolle a exposición Un Humanismo moderno. Colmeiro-Seoane-Picasso-Vertés

Na obra de Colmeiro e Seoane os ecos picassianos son tamén evidentes e no contexto da nosa diáspora esta escolla non é soamente unha opción estética senón tamén política porque Picasso realizara en 1937 o Guernica comprometido coa República acosada en plena Guerra Civil e era, nos anos da II Guerra Mundial, un artista que, en palabras do escritor Lorenzo Varela “nos señala la puerta maravillosa, la salida digna, la ventana por la que dar el salto a la Europa nuestra del futuro”. O malagueño era xa un referente cívico e estético de indubidábel prestixio e cunha ben sinalada capacidade de influencia. Alén diso, o neoclasicismo arcádico picassiano tiña outras connotacións que o facían atractivo desde estas posicións ideolóxicas porque se podía apelar por medio del a un substrato colectivo de feliz equilibrio entre a natureza e a realidade humana, brutalmente ceifada polas ditaduras fascistas.

A Casa das Artes acolle a exposición Un Humanismo moderno. Colmeiro-Seoane-Picasso-Vertés

A exposición, comisariada por Carlos L. Bernárdez e Xoán Pastor Rodríguez, permanecerá aberta ao público até o 21 de novembro.

- Publicidade -spot_img

Publicidade
Publicidade