spot_img
InicioVal MiñorBaionaA carabela "Boa Esperança" arriba ao porto de Baiona

A carabela “Boa Esperança” arriba ao porto de Baiona

carabela-boa-esperanca-arriba-ao-porto-de-baiona

A Carabela Pinta comparte estes días protagonismo en Baiona cunha nave de características semellantes, a carabela Boa Esperança, un dos barcos máis emblemáticos da historia de Portugal.

Os baioneses e visitantes, poderán conmemorar desde as súas cubertas –pode visitarse de forma gratuíta do 13 ao 16 de outubro- unha das grandes xestas marítimas protagonizadas por españois e portugueses: a primeira Volta ao Mundo. Unha fazaña liderada por mariños de ambos os países, Magallanes e Elcano, e conseguida grazas á pericia dos homes de mar de ambas as nacións. Este proxecto transfronteirizo hai pouco menos de 500 anos logrou a primeira circunnavegación da terra.

O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, acompañado polos concelleiros e representantes de distintas asociacións da vila, foron recibidos a bordo da embarcación pola tripulación e realizaron unha visita polas instalacións.

carabela-boa-esperanca-arriba-ao-porto-de-baiona

Durante o acto, Rodal, acompañado polo concelleiro de Actividades Marítimas, Raúl Costas Lafuente, e polo capitán do navío, izaron a bandeira de apoio á Candidatura á UNESCO dos Pobos Colombinos de España e agradeceu á Fundación Nave Vitoria e á tripulación da “Boa Esperanza” o elixir Baiona para dar a coñecer esta gran embarcación.

Aproveitando a estancia da nave na vila os escolares baioneses tamén realizarán visitas á embarcación para coñecela de primeira man.

A carabela Boa Esperanza é unha réplica das carabelas empregadas polos mariños portugueses e españois na era dos Descubrimentos. Construída en Portugal en 1990 (mesmo ano que a Pinta), coas técnicas empregadas naquela época, de 24 mts. de eslora, de piñeiro e carballo, é un museo flotante do patrimonio cultural ligado ás grandes expedicións marítimas que durante os séculos XV e XVI partiron do Algarve e Andalucía occidental a recoñecer o planeta.

carabela-boa-esperanca-arriba-ao-porto-de-baiona

A carabela ten o seu porto base en Lagos (Algarve), conta cunha tripulación de ata 12 voluntarios, chegados de diferentes lugares de España e que segundo as súas palabras “están a ter unha experiencia única e moi enriquecedora”, atópase realizando unha xira por Galicia e o seu obxetivo é a promoción de Rexión Turismo de Territorio de Algarve e os seus atractivos como destino turístico.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.