Inicio Pontevedra Deputación e Concello de Vigo inauguran as novas aulas da UNED na...

Deputación e Concello de Vigo inauguran as novas aulas da UNED na cidade olívica

deputacion-e-concello-de-vigo-inauguran-as-novas-aulas-da-uned-na-cidade-olivica

A institución provincial achegou 800.000 € para reformar tres plantas do auditorio Mar de Vigo e dotalas de mobiliario para convertelas en aulas da UNED

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada do alcalde de Vigo, Abel Caballero, e dos deputados provinciais David Regades e Carlos López Font, inauguraron esta mañá as novas aulas da UNED na cidade olívica para as que a institución provincial destinou 800.000 €.  Esta actuación é unha das enmarcadas no protocolo de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo.

A comezos do verán a Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo asinaban un convenio, enmarcado no protocolo oficial de colaboración entre ambas institucións, mediante o cal o organismo provincial achegaba 800.000 € para a reforma de tres plantas do auditorio “Mar de Vigo” e a dotación de mobiliario para convertelas en aulas e despachos da UNED. Hoxe, uns meses despois daquela sinatura, comezan nese mesmo espazo, xa acondicionado, as titorías universitarias.

A Presidenta da Deputación, Carmela Silva, subliñou que este investimento realizado en Vigo “pretende dar resposta ó aumento da demanda do alumnado da UNED na cidade de Vigo e sur da provincia de Pontevedra, que o pasado ano sumaban 700 persoas matriculadas”. Silva manifestou sentirse “enormemente satisfeita porque hoxe podemos presumir de ter investido nun espazo para a educación de altísimo nivel” e engadiu que “a partir de agora o alumnado, ademais de recibir unha educación de calidade, vaina obter nun espazo digno, porque tamén os espazos importan para dignificar a educación pública”.

Na actualidade, funcionan na aula da UNED en Vigo titorías de actividades non regradas e de 13 graos (Dereito, Educación Social, Enxeñaría Informática, Enxeñaría en Tecnoloxías da Información, Turismo, Estudos Ingleses, ADE, Ciencias Ambientais, Psicoloxía, Ciencia Política, Pedagoxía, Xeografía e Historia e Historia da Arte) dos 27 que imparte a UNED.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies