Inicio Val Miñor Nigrán A cantante americana Deborah Carter, gran cabeza de cartel da nova edición...

A cantante americana Deborah Carter, gran cabeza de cartel da nova edición do Nigranjazz

A cantante americana Deborah Carter, gran cabeza de cartel da nova edición do NigranjazzA muller cobra protagonismo nesta treceava edición coa gran artista internacional Deborah Carter o día 27 (quen ademais ofrecerá unha masterclass) e o trío Hey Cats no escenario do Rilla na Rúa

 O festival Nigranjazz, organizado polo Concello de Nigrán, contará na súa treceava edición o 26 e 27 de xullo no esteiro de A Foz (A Ramallosa) coa gran actuación estelar da cantante americana Deborah Carter o día 27, quen ademais ofrecerá unha master-class matinal no Auditorio do Concello para a que se abrirá a inscrición a vindeira semana. A programación, presentada hoxe oficialmente, outorga nesta ocasión o gran protagonismo á muller, xa que a esta artista únese o trío feminino e tamén internacional Hey Cats o venres 26 no escenario do Rilla na Rúa, evento gastronómico que un ano máis vai unido tamén ao Nigranjazz. Como xa é sinal de identidade do festival, os músicos galegos de jazz máis recoñecidos volverán a estar presentes en tódalas formacións feitas unha vez máis ex-profeso para  o Nigranjazz, como Xosé Miguelez&Jean-Michel Pilc Quartet e o cuarteto de Pablo Castaño o venres 26 e o quinteto de Fernando Sánchez o 27 como antesala da actuación de Deborah Carter, quen tamén reúne para a ocasión a Xan Campos ao piano e Chus Pazos á batería xunto a Mark Zandveld ao contrabaixo. Off-Room, trío 100% nigranés, completan o cartel o día 27 no escenario Rilla na Rúa xunto as jams sessións posteriores aos concertos. O Nigranjazz, ao que se une Cervezas Alhambra como colaborador, conta tamén co apoio da Deputación de Pontevedra, a Sociedad de Artistas Intérpretes o Ejecutantes de España (AIE), a Fundación Mayeusis, Elemental Chefs, Rodosa ou ACentralFolque.

Os músicos galegos de jazz máis recoñecidos volverán a estar presentes en tódalas formacións feitas ex-profeso para  o Nigranjazz, como Xosé Miguelez&Jean-Michel Pilc Quartet ou o cuarteto de Pablo Castaño e o quinteto de Fernando Sánchez

“Nigrán é xa unha referencia no circuíto nacional de jazz e o seguirá sendo nesta edición de marcado caracter feminino, feito de que estamos moi orgullosos”, resumiu o alcalde, Juan González, na presentación. “Deborah Carter é unha cantante de jazz de referencia en toda Europa, onde desenvolve o seu traballo, sabemos que vai causar unha gran sensación porque é unha vocalista impresionante cun estilo moi persoal. Ademais, contamos co trío feminino Hey Cats que reivindica firmemente o papel da muller no jazz ao punto de que son grandes investigadoras deste tema e interpretan só temas compostos por mulleres”, destaca Felipe Villar, director do Nigranjazz, quen incide no seu compromiso “de que a calidade artística prime sempre por riba de todo”. “Unha vez máis o Nigranjazz ofrece a oportunidade de gozar de artistas que difícilmente veñen ao noroeste peninsular e de actuacións únicas porque son formacións feitas para esta ocasión”.

O xurado do concurso de carteis 'Quin Alborés' elixe a imaxe do deseñador gráfico Leonardo Abate para difundir o Nigranjazz 2019

O cartel deseñado polo Leonardo Abate será o empregado para difundir esta undécima edición tras resultar gañador entre as case 100 propostas presentadas ao concurso Quin Alborés.

Viernes 26: Martín Lopo Trío

Martín Lopo: Piano

Juan Alonso: Contrabajo

Juan Guerrero: Bateria

Sábado 27: Rubén Fernández Cuarteto

Rubén Fernández: Voz

Suníl López: Piano

Juansi Santomé: Contrabajo

Max Gómez: Bateria

* Máis información de cada grupo e fotos no dossier que ven adxunto no enlace.

BREVE HISTORIA  DO FESTIVAL

O Nigranjazz, festival señeiro do Concello de Nigrán, cumpre 13 anos sendo o máis lonxevo organizado dende o consistorio e o único adicado ao jazz  de toda a comarca do Val Miñor. Actualmente está considerado entre músicos, afeccionados e prensa especializada como un dos mellores do noroeste peninsular debido á calidade dos artistas que nel participan. A diferenza doutros festivais,  aposta por un jazz puro, lonxano das vangardas. Sempre con entrada gratuíta, celébrase no espazo clasificado na Rede Natura do esteiro de A Foz, na Ramallosa, dende que en 2007 o impulsasen veciños de Nigrán entusiastas desta música, manténdose activos na organización co músico Felipe Villar á cabeza. Dende entón, conseguiuse achegar a Nigrán a algúns dos mellores artistas a nivel internacional, por el desfilaron, entre outros, Peter Bernstein, Gilad Hekselman, Bill McHenry, Jorge Rossy, Marteen Hogenhuis, Joe Martin, Chris Cheek, Kurt Rosenwinkel…  Pero non hai que esquecer que o festival é tamén un espazo para os cada vez máis e mellores músicos de jazz galegos, así, é xa tradición que se integren nas formacións internacionais músicos locais, compoñendo agrupacións en exclusiva para o evento e dando a oportunidade aos músicos de aquí de presentar os seus traballos. Compre destacar que o Nigranjazz outorga tamén especial relevancia á relación galaico-portuguesa, consagrando algunha edición unicamente a elo e invitando sempre a artistas lusos a participar.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

695FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies