spot_img
InicioCondado ParadantaA CañizaA Cañiza aprobou o protocolo de Cooperación para a posta en marcha...

A Cañiza aprobou o protocolo de Cooperación para a posta en marcha do proceso de creación da «Eurocidade do Miño»

a-caniza-aprobou-o-protocolo-de-cooperacion-para-a-posta-en-marcha-do-proceso-de-creacion-da-eurocidade-do-minoA Corporación Municipal acordou o pasado xoves,  a aprobación do Protocolo de cooperación transfronteiriza entre os Concellos de Arbo, Melgaço, Crecente, As Neves e A Cañiza que permitirá constituir a nova Eurocidade do Miño.

Revista Cousas de nº21

O Pleno do Concello aprobou o protocolo de Cooperación para a posta en marcha do proceso de creación da «Eurocidade do Miño», quinta eurocidade da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Un amplo territorio, formado polo Val do Miño cunha identidade común, longa tradición de cooperación entre os Concellos e cunha mesma estratexia de futuro.

Unha colaboración que segundo se recolle na súa declaración constitucional « é un dos medios máis eficaces para a aproximación das poboacións fronteirizas; suprimindo as dificultades que implican todas as fronteiras, promocionando un maior achegamento institucional entre todos, fomentando o desenvolvemento económico, social, cultural, ambiental destas rexións, así como os servizos comúns que servirán como instrumento dinamizador da convivencia e o benestar da nosa veciñanza».

Luis Piña explicou tras a celebración do Pleno que logo de ter aprobado o Protocolo e as directrices xurídicas establecidas por España e Portugal, o Acordo será remitido á Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia para que informe e emita proposta dirixida ao Ministerio de Exteriores, Unión Europea e Cooperación do Goberno de España, para a súa validación por tratarse dun marco internacional.

Ao remate deste procedemento, dará lugar a constitución do Mandato que contará cunha directiva integrada por Presidente, Vicepresidente e órganos de dirección nas que os Alcaldes irán ocupando os cargos de xeito rotativo e por orden alfabético. No primeiro mandato da Eurocidade este orden rómpese para deixar ao Presidente da Cámara de Melgaço, Manoel Batista a 1ª presidencia. No caso da Cañiza, tócalle asumir á Presidencia no 3º mandato.

- Publicidade -spot_img