spot_img
InicioVigo e áreaVigoO Pazo dos Escudos acolle a Gala Provincial de Turismo 100% Rías...

O Pazo dos Escudos acolle a Gala Provincial de Turismo 100% Rías Baixas

O espectáculo, que terá lugar ás 19:30 horas, renderá homenaxe ao sector turístico da provincia e servirá para facer entrega dos distintivos do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destino

Revista Cousas de nº21

A “festa da excelencia turística da provincia”, como así definiu o presidente da Deputación Luis López á Gala Provincial de Turismo, chega este mércores, ás 19:30 horas, a Vigo. O Pazo  Los Escudos será o escenario dun espectáculo presentado pola xornalista Susana Pedreira no que se renderá homenaxe ao sector turístico da provincia e se entregarán os distintivos do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destino.

A Gala Provincial de Turismo, tal e como informou o presidente, terá como fío condutor a campaña 100% Rías Baixas, baseada na auga e contará con proxeccións audiovisuais, espectáculos de danza da man da bailarina Eva Comesaña (unha das protagonistas da campaña promocional de Rías Baixas deste ano) e a música de Xurxo Fernandes e Pan Sen Fron e do grupo Eladio y los Seres Queridos.  Estará, ademais, estruturada en sete eixos temáticos vertebrados arredor da costa, da natureza, do deporte, da gastronomía, da historia, do termalismo e das celebracións.

Ademais, no transcurso do acto, porase en valor “o atractivo que Rías Baixas ten en Galicia, en España e en todo o mundo e o bo facer do sector turístico”. Deste xeito, na Gala Provincial serán protagonistas, tal e como avanzou Luis López, “as preto de 400 empresas que contan, ou están a piques de contar, co selo do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino”.

- Publicidade -spot_img