spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaA campaña "Libros Solidarios" das bibliotecas de Redondela recolle máis de 1000...

A campaña “Libros Solidarios” das bibliotecas de Redondela recolle máis de 1000 kilos de alimentos para Cáritas Redondela

A campaña "Libros Solidarios" das bibliotecas de Redondela recolle máis de 1000 kilos de alimentos para Cáritas RedondelaA campaña de recollida de alimentos que as bibliotecas escolares, municipais e do Círculo Cultural Recreativo de Chapela puxeron en marcha, entre o 24 de outubro e o 28 de novembro, baixo o lema de “Libros solidarios”, conseguiu reunir 830 quilos de alimentos e 280 quilos de produtos de hixiene que se destinarán a Cáritas Redondela.

As bibliotecas participantes queren expresar o seu agradecemento aos redondeláns pola xenerosidade das súas achegas, aos colaboradores, El Patito Editorial, Fundación Filomena Rivero Alonso e Biblioteca do CEIP San Salvador de Teis, pezas fundamentais para o éxito desta campaña, e non se queren esquecer dos voluntarios de Cáritas Redondela, agradecendo o labor que levan a cabo día a día e ano tras ano.

A campaña continúa aberta ata o día 19 de decembro na Axencia Municipal de Lectura de Chapela.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.