spot_img
InicioVal MiñorBaionaA 'Boa Esperança' ofreceu unha demostración dos productos do Algarve como broche...

A ‘Boa Esperança’ ofreceu unha demostración dos productos do Algarve como broche final á súa visita a Baiona

A Carabela que estivo uns días amarrada no porto pesqueiro de Baiona, partiu hoxe dirección ao porto de Vigo e para despedirse, ofreceu uns petiscos a bordo. O que agora se chama, tanto aquí como no país veciño, showcooking.

Promovido pola Rexión Turismo de Algarve o máis rechamante é que prepararon a típica cataplana de peixes «Podar chamar wok portugués, pero é mellor que ou wok», comenta Frederico Lopes, cociñeiro que se encargou de mesturar na cataplana polbo, boniatos, pementos vermellos e verdes, e cebola, entre outras cousas. Estaba realmente saboroso o guiso e máis aínda na cuberta dun barco con música portuguesa e unha boa tarde.

Numerosos invitados acudiron ao cóctel no que Joao Fernandes, Vice-Presidente de Turismo do Algarve e o alcalde de Baiona, Ángel Rodal, exerceron de anfitrións. Entre os asistentes atopábanse Mª Ángeles Ferreiro Pérez, xefa da área de Turismo de Pontevedra, e, José Fernandez do Cabo, director da Fundación Nave Vitoria. Tamén representantes das distintas asociacións baionesas, hostaleiros e empresarios do municipio, así como membros da corporación municipal.

“Máis de 2.000 persoas achegáronse a coñecer de primeira man a embarcación durante estes días. Un auténtico éxito. Os mariñeiros quedáronse sorprendidos co volume de visitas que recibiron, non se esperaban que un municipio coa poboación de Baiona movese a tanta xente”, sinalou Rodal.

Grazas ás xestións levados a cabo desde a Concellería de Actividades Marítimas, á fronte de Raúl Costas Lafuente, quen colaborado activamente coa fundación Nave Vitoria, os veciños da vila puideron visitar de forma gratuíta do 13 ao 16 de outubro a réplica do navío co que os mariños portugueses lograron no século XV dobrar o cabo Boa Esperanza, o mítico cabo das Tormentas, e abrir a ruta cara ao Oriente. Pola súa cuberta han pasados tamén os alumnos e alumnas dos distintos centros escolares baioneses, así como tamén os do Centro Juan María ou os integrantes da asociación Avelaíña, entre outros moitos.

A Carabela

A carabela Boa Esperanza é unha réplica das carabelas empregadas polos mariños portugueses e españois na era dos Descubrimentos. Construída en Portugal coas técnicas empregadas naquela época, de 24 mts. de eslora, de piñeiro e carballo, é un museo flotante do patrimonio cultural ligado ás grandes expedicións marítimas que durante os séculos XV e XVI partiron do Algarve e Andalucía occidental a recoñecer o planeta.

A carabela atópase realizando unha xira por Galicia promocionando Rexión Turismo de Territorio de Algarve e os seus atractivos como destino turístico. Berce das grandes navegacións oceánicas portuguesas, unida particularmente a Baiona por un pasado común ao redor das grandes expedicións marítimas da historia.

- Publicidade -spot_img

1 comentario

Comments are closed.

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.