spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaPresentación da exposición da Cruz Vermella “En familia por dereito”, que se...

Presentación da exposición da Cruz Vermella “En familia por dereito”, que se pode visitar no Concello da Guarda

presentacion-da-exposicion-da-cruz-vermella-en-familia-por-dereito-que-se-pode-visitar-no-concello-da-guarda

Este luns 17 de outubro, ás 12:00 horas, tivo lugar no Concello da Guarda a presentación da exposición de Cruz Vermella “En familia por dereito”, á que acudiron Antonio Lomba Baz, Alcalde da Guarda; María Teresa Vicente Baz, Concelleira de Servizos Sociais da Guarda; José María Salcidos, Presidente comarcal e outros representantes de Cruz Vermella do Baixo Miño; e unha familia acolledora da comarca.

A exposición encádrase dentro dunha campaña da Cruz Vermella do Baixo Miño creada como parte do proxecto para promover o acollemento familiar. O obxectivo principal é animar ás familias a acoller a menores de idade, proporcionando así un entorno familiar  como alternativa á estancia nun centro de protección. As familias poden ter moi diversos perfís, podendo acoller calquera persoa, matrimonio ou parella de feito que teña a capacidade necesaria para proporcionar os coidados, a seguridade, a educación e o cariño que necesitan os menores que por diversas problemáticas das súas familias precisan un novo fogar.

A presentación consistiu na inauguración dunha exposición que consta de 8 paneis informativos con imaxes que se poderá visitar no vestíbulo do Concello da Guarda ata o venres 21 de outubro. Nestes paneis achégase a visión, experiencia e historias de familias acolledoras, así como de persoas  agora adultas que foron acollidas e contan as súas vivencias.

Durante o acto o alcalde e a concelleira intercambiaron unhas palabras cunha nai de acollida da comarca e con representantes de Cruz Vermella sobre a campaña e se interesaron sobre os resultados da mesma. Dende Cruz Vermella o teñen claro: son necesarias iniciativas como esta para dar a coñecer o programa de acollida e que a xente poda reflexionar e decidir se desexan converterse en familia de acollida. É unha decisión que debe meditarse pero o certo é que quen se decide, repite. Afirman que o 90% das familias de acollida repite a experiencia polo que o balance global é na súa maioría moi positivo.

O obxectivo de Cruz Vermella do Baixo Miño é dar a coñecer esta campaña e que se amplíe o número de familias de acollida na comarca. Para saber máis sobre as historias expostas no edificio do  Concello da Guarda, ou para obter máis información sobre a campaña e o programa de acollida poden consultar a web www.acollementofamiliar.org ou chamar ao teléfono 900 812 880.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.