spot_img
InicioVal MiñorBaionaA bandeira azul ondeará un ano máis no Monte Real Club de...

A bandeira azul ondeará un ano máis no Monte Real Club de Yates de Baiona

Yates-Esteano-Monte-Real-ClubIatescelebra50-aniversario

As boas prácticas ambientais do club náutico baionés permitíronlle consolidar unha distinción que mantén desde 1988

A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) concedeulle, un ano máis, ao porto deportivo do Monte Real Club de Iates, a bandeira azul polo coidado ambiental das súas infraestruturas, a calidade das súas augas e a excelencia dos seus servizos náuticos.

O Monte Real Club de Yates é un dos 18 portos deportivos de Galicia recoñecidos pola ADEAC con bandeira azul neste 2017

O club baionés é un dos 18 portos deportivos de Galicia, 8 deles da provincia de Pontevedra, distinguidos neste 2017 con este prestixioso galardón, que conta co respaldo da Unesco e a Organización Mundial do Turismo, e que recoñece a boa xestión que o Monte Real realiza nas súas instalacións. O club consolida así unha distinción que mantén, de forma ininterrompida fóra dun ano, desde 1988.

O plan ambiental posto en marcha polo club recolle actuacións relacionadas coa auga, os residuos, o consumo de enerxía, a seguridade ou a saúde

O seu programa ambiental específico recolle actuacións relacionadas coa auga, os residuos, o consumo de enerxía, a seguridade ou a saúde, entre outras accións. Trátase dun plan que repercute moi positivamente non só nas propias instalacións do Monte Real, senón tamén nos areais circundantes, que non ven afectados nin pola trasfega de visitantes nin polos traballos que a diario se realizan no club.

Proba diso é que as praias da Ribeira e A Barbeira, que circundan as súas instalacións, xunto coas da Concheira e Vos Frades, os outros dous areais que forman parte da península de Monte Boi ou Monterreal onde se atopa situado o club, obtiveron este ano tamén a bandeira azul.

- Publicidade -spot_img