spot_img
InicioGaliciaA Real Academia Galega celebrará o vindeiro 17 de maio en Xinzo...

A Real Academia Galega celebrará o vindeiro 17 de maio en Xinzo de Limia

A sesión extraordinaria co gallo do Día das Letras Galegas dedicado a Carlos Casares terá lugar no salón de plenos municipal da vila onde medrou

A Real Academia Galega celebrará o vindeiro 17 de maio en Xinzo de Limia, a vila onde medrou Carlos Casares, o protagonista do Día das Letras Galegas deste ano. A sesión extraordinaria da institución dedicada ao escritor terá lugar no salón de plenos do concello a partir das 11:30 horas e contará con intervencións arredor da figura homenaxeada a cargo da académica Fina Casalderrey e dos académicos Henrique Monteagudo e Xesús Alonso Montero.

O programa inclúe as alocucións da académica Fina Casalderrey e dos académicos Henrique Monteagudo e Xesús Alonso Montero. O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, pechará o acto

O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, será o encargado de pechar o acto, que poderá seguirse en directo a través da pantalla instalada na carpa que se montará na praza Carlos Casares.

Nado en 1941 na cidade de Ourense, Carlos Casares marchou a vivir con só catro anos a Xinzo de Limia, a vila da que seu pai era natural, e onde este exerceu como mestre durante décadas. A comarca da Limia deixou unha importante pegada na súa vida, reflectida na súa obra literaria.

O territorio da súa infancia e adolescencia foi o elixido para o acto central da Real Academia Galega neste ano dedicado á súa figura no que a institución tamén desenvolverá outras iniciativas noutros escenarios destacados da súa traxectoria. A RAG abriu en febreiro o Ano Carlos Casares coa presentación do proxecto web Primavera das Letras no CEIP Carlos Casares de Vilariño (Nigrán), onde estableceu o seu fogar, e a finais de ano celebrará un simposio sobre o autor.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.