spot_img
InicioBaixo MiñoA atención psicolóxica na explosión en Paramos, obxecto de análise nas xornadas...

A atención psicolóxica na explosión en Paramos, obxecto de análise nas xornadas organizadas en Tui polo Colexio de Psicoloxía de Galicia

A atención psicolóxica na explosión en Paramos, obxecto de análise nas xornadas organizadas en Tui polo Colexio de Psicoloxía de GaliciaTui acolle dende maña as xornadas profesionais do Colexio Profesional de Psicoloxía de Galicia sobre atención en catástrofes

“Accesibilidade á atención psicolóxica durante e despois dunha catástrofe: experiencia Tui-Paramos” é o título das XXIV Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde que dende mañá xoves e até o sábado se van celebrar no Teatro Municipal, no edificio da Área Panorámica de Tui. Están organizadas polo  Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, contando coa colaboración do Concello de Tui e da Ordem dos Psicloógos Portugueses.

Este encontro científico-profesional  foi presentado este mediodía na casa do concello por Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura e Ensino,a e Dolores González Cabaleiro, presidenta e Alicia Carballal Fernández, vogal do comité organizador das Xornadas, e Soledad Ozores, do comité científico.

A atención de psicolóxica na explosión en Paramos, o terremoto de Lorca, o accidente do Alvia e os incendios de Pedrogao Grande de Portugal de Tui, será analizada neste encontro científico-profesional

Estas xornadas, nas que van participar un centenar de psicólogos de toda Gallicia, teñen como obxectivo principal facer unha reflexión e análise en torno á intervención psicolóxica realizada en catástrofes, analizando a resposta no plano da atención psicolóxica na explosión do barrio da Torres en Paramos, en Tui, no accidente do Alvia en Santiago de Compostela, nos terremotos de Lorca en Murcia e nos incendios en Pedrógrao Grande en Portugal.

Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, amosou a súa gratitude pola celebración destas xornadas en Tui, e agradeceu a sensibilidade do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia co concello de Tui e a traxedia que tivo lugar en Paramos.  Indicou que serán interesantes e enriquecedoras.  Na súa intervención o rexedor tudense resaltou o feito de que este congreso aborde tamén a cooperación transfronteiriza que até o momento non aborda o ámbito de asistencia sociosanitaria. E reivindicou que o servizo de psicoloxía se preste dende a atención primaria, non só para atender casos de catástrofes colectivas senón tamén situacións individuais que se producen a diario. Lembrou que no Concello estase a redactar o Plan Municipal de Emerxencias.

Sonsoles Vicente, concelleira de Ensino e Cultura, agradeceu igualmente a celebración en Tui destas xornadas.

Dolores González Cabaleiro, presidenta do comité organizador destacou que as xornadas se centrarán en presentar catro situacións recentes de emerxencias: a explosión en Paramos, o terremoto de Lorca, os incendios en Pedrógrao Grande en Portugal, e o accidente do Alvia. O obxectivo das mesmas é propiciar un reflexión e análise destas situación, e sentar as bases dun protocolo de actuación psicolóxica postcatástrofe, que coordine tanto a atención temperá coma ao longo prazo.  Incidía en que a finalidade é que a intervención psicolóxica despois dunha catástrofe sexa planificada, accesible e continuada no tempo.

Alicia Carballal Fernández, vogal do comité organizador, incidiu na estruturación destas xornadas profesionais. Mañá xoves celebraranse dous obradoiros prácticos sobre as intervención realizadas con nenos e adolescentes tras os incendios  Pedrogao Grande e a atención prestada dende o primeiro momento, e que continúa na actualidade, no Centro de Saúde aos afectados polo terremoto de Lorca.

Venres e sábado terán lugar catro mesas. O venres celebrarase unha mesa centrada na intervención tras a catástrofe de Paramos, na que se contará coa presenza de Ana Isabel Martínez, do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias, de Carmen González, traballadora social do Concello de Tui, e de dous afectados. Na segunda e na terceira mesa prevista abordarase a “Intervención post-catástrofe” coas intervencións en Atención Primaria Caso Paramos e en hospitalización caso do accidente do tren Alvia, nos  incendios Portugal no proxecto Pinhal do futuro, e a realizada pola Cruz Vermella en Paramos.

A cuarta mesa – o sábado pola mañá – ten por título “Vixilancia da saúde mental dos e das profesionais emerxencistas: posible afectación, intervencións e coidados”.

Amais haberá dúas conferencias. Unha inaugural  “Impacto das catástrofes na saúde mental: intervención psicolóxica desde o “Proxecto Pinhal do Futuro” a cargo de Daniel María Bugalho Rijo, doutor en Psicoloxía. Profesor auxiliar na Facultade de Psicologia e de Ciências da Educação da Universidade de Coimbra. E outra de clausura “Intervención post catástrofe en Lorca” por Julio César Martín García-Sancho, psicólogo Clínico, xefe de servizo de programas asistenciais de adultos e rehabilitación e xestión da resposta de saúde mental tras os sismos de Lorca.

Soledad Ozores, presidenta do Comité Científico, fixo fincapé en que en Tui segue sendo precisa a atención psicolóxica aos afectados de Paramos.

A atención psicolóxica na explosión en Paramos, obxecto de análise nas xornadas organizadas en Tui polo Colexio de Psicoloxía de Galicia

 

Programa

Xoves, 14 de novembro de 2019

  • De 17:00 a 20:00 horas. Obradoiros
    • Obradoiro 1: Intervención en trauma con nenos, nenas e adolescentes. Grupo Pinhal do futuro, proxecto para prestar apoio psicolóxico a nenos e nenas e mozos das zonas afectadas dos incendios en Portugal do ano 2017.
      • Daniel María Bugalho Rijo. Doutor en Psicoloxía. Profesor auxiliar na Facultade de Psicologia e de Ciências da Educação da Universidade de Coimbra.
      • María Cristina Canavarro. Doutora en Psicoloxía. Profesora da Faculdade de Psicologia e de Ciências da Educação da Universidade de Coimbra.
    • Obradoiro 2: Intervención grupal post catástrofe. Grupo de sismos de Lorca – Murcia.
      • Carmen Egea Durán. Psicóloga Clínica da Unidad de Salud Mental Comunitaria de Albox (Área de Gestión Sanitaria Norte de Almería).
    • 20:30 horas. Visita turística polo casco vello do Concello de Tui.

Venres, 15 de novembro de 2019

  • De 9:00 a 9:30 horas. Entrega de documentación.
  • De 9:30 a 9:45. Acto inaugural das Xornadas.
    • Enrique Cabaleiro González. Alcalde do Concello de Tui.
    • Mª Rosa Álvarez Prada. Decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
    • Eduardo Carqueja. Presidente da Delegación Rexional Norte da Ordem dos Psicólogos Portugueses.
    • Dolores González Cabaleiro. Presidenta do Comité Organizador das Xornadas.
  • De 10:00 a 11:00 horas. Conferencia inaugural. Impacto das catástrofes na saúde mental: intervención psicolóxica desde o “Proxecto Pinhal do Futuro” (Incendios en Pedrógão Grande 2017).
    • Daniel María Bugalho Rijo. Doutor en Psicoloxía. Profesor auxiliar na Faculdade de Psicologia e de Ciências da Educação da Universidade de Coimbra.
    • Coordina: Dolores González Cabaleiro, G-1958. Presidenta do Comité Organizador das Xornadas.
  • De 11:00 a 11:30 horas. Presentación do Anuario da Sección.
  • De 11:30 a 12:00 horas: Descanso.
  • De 12:00 a 13:30 horas. Mesa 1 “Intervención na catástrofe. Caso Paramos”.
    • Coordina: Soledad Ozores Dopereiro, G-2463. Presidenta do Comité Científico das Xornadas.
      • Intervención psicolóxica.
        • Ana Isabel Martínez Arranz, G-2573. Psicóloga Xeral Sanitaria. Psicóloga dos Servizos Sociais en Camariñas. Coordinadora do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía no momento da explosión.
      • Intervención desde o traballo social.
        • Carmen María González Fernández. Traballadora Social do Concello de Tui.
      • Membros da Asociación de afectados de Paramos.
        • Pablo Domínguez Martínez. Membro da Asociación de afectados de Paramos.
        • Pilar González Suárez. Membro da Asociación de afectados de Paramos.
      • De 16:00 a 17:30 horas. Mesa 2 “Intervención post-catástrofe” 1º parte.
        • Coordina: Noelia Arias González, G-3402. Vogal do Comité Científico das Xornadas.
        • Intervención en Atención Primaria Caso Paramos.
          • Irene Esperón Rodríguez, G-1921. Facultativa Especialista da Área de Psicoloxía Clínica da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Vigo (SERGAS). Responsable da intervención psicolóxica no centro de saúde de Tui tras a catástrofe de Paramos.
        • Intervención en hospitalización caso do accidente do tren Alvia en Santiago de Compostela 2013.
          • Rebeca Deus Fernández, G-4184. Psicóloga Clínica. Cruz Vermella A Coruña.
        • Intervención no sismo de Lorca 2011.
          • Ascensión Garriga Puerto. Psicóloga Clínica. Unidade de docencia, investigación e formación de Saúde Mental no Servizo Murciano de Saúde. Responsable do programa de atención psicolóxica en atención primaria tras os sismos de Lorca.
        • De 17:30 a 18:00 horas. Descanso café. Pósteres.
        • De 18:00 a 19:30. Mesa 3 “Intervención post-catástrofes”. 2ª parte.
          • Coordina: Alicia Carballal Fernández, G-3097. Vogal do Comité Organizador das Xornadas.
          • Intervención en incendios Portugal. Proxecto Pinhal do futuro.
            • Daniel María Bugalho Rijo. Doutor en Psicoloxía. Profesor na Faculdade de Psicologia e de Ciências da Educação da Universidade de Coimbra.
          • Cruz Vermella. Intervención en Paramos.
            • Mercedes Míguez González, G-2409. Psicóloga e Directora da Cruz Vermella Española – Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social (CIIES) Vigo.
          • Grupo de traballo post-catástrofes.
            • Cristina Prieto Fernández, G-3551. E.A. de Psicóloga Clínica da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Vigo (SERGAS). Coordinadora do grupo de traballo do observatorio post-catástrofes da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG.
          • 19:30 horas. 1ª convocatoria da Asemblea de Socios e Socias da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG.
          • 20:00 horas. 2ª convocatoria da Asemblea de Socios e Socias da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG.
          • 22:00 horas: Cea oficial.

Sábado, 16 de novembro de 2019

  • De 10:00 a 10:30 horas. Comunicacións libres.
    • Coordina: Dolores González Cabaleiro, G-1958. Presidenta do Comité Organizador das Xornadas.
  • De 10:30 a 12:00 horas. Mesa 4 “Vixilancia da saúde mental dos e das profesionais emerxencistas: posible afectación, intervencións e coidados”.
    • Coordina: Soledad Ozores Dopereiro, G-2463. Presidenta do Comité Científico das xornadas.
    • Repercusións do traballo nas catástrofes na saúde mental dos e das profesionais.
      • Mª Jesús Taboada Costas, G-2447. Psicóloga membro do Grupo de Apoio a Intervenientes (GAI) do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do COPG.
    • Formación psicolóxica doutros e doutras profesionais de emerxencias.
      • Mª Elena González Cid, G-3088. Psicóloga do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do COPG. Formadora da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).
    • Reflexións sobre o coidado de intervenientes e a autoprotección na axuda a persoas en situación de adversidade.
      • Miguel Anxo García Álvarez, G-0414. Facultativo Especialista de Área Psicoloxía Clínica do Hospital Universitario de Santiago de Compostela.
    • De 12:00 a 12:30 horas. Descanso café.
    • De 12:30 a 13:30 horas. Conferencia de clausura. Intervención post catástrofe en Lorca.
      • Julio César Martín García-Sancho. Psicólogo Clínico. Xefe de servizo de programas asistenciais de adultos e rehabilitación. Xestión da resposta de saúde mental tras os sismos de Lorca.
      • Coordina: Alicia Carballal Fernández, G-3097. Vogal do Comité Organizador das Xornadas.
    • 13:30 horas. Acto de clausura. Entrega de premios á mellor comunicación libre e ao mellor póster.
      • José Eduardo Rodríguez Otero, G-3407. Presidente da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
      • Soledad Ozores Dopereiro, G-2463. Presidenta do Comité Científico das xornadas.
- Publicidade -spot_img