spot_img
InicioVigo e áreaVigoA Asociación Ría de Vigo de entidades naúticas lanza a Semana Azul

A Asociación Ría de Vigo de entidades naúticas lanza a Semana Azul

A Asociación Ría de Vigo de entidades naúticas lanza a Semana AzulA Asociación Ría de Vigo de Entidades Náuticas ( ARIVEN), entidade que aglutina a un total de 25 empresas, clubs náutico-deportivos e outras entidades vinculadas ao sector náutico e que traballa en prol do fortalecemento do sector na Ría de Vigo, pon en marcha unha vez máis a Semana Azul. Unha iniciativa que recolle un programa de actividades a través das que achegar tanto a nenos como adultos á gran oferta de actividades náuticas presentes na Ría de Vigo.

Esta iniciativa conta co apoio da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra – Turismo Rías Baixas, a Autoridade Portuaria de Vigo, e a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.

As instalacións do R. C. Náutico de Vigo foron as protagonistas esta mañá da presentación pública do evento, no que participaron o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuiña, o xefe do servizo provincial de Deportes de Pontevedra, Daniel Benavides, e o presidente de ARIVEN, Miguel Pereira.

Segundo avanzaron na presentación, como novidade, para esta segunda edición da Semana Azul proponse un programa máis amplo de actividades que na primeira edición, levada a cabo en xuño de 2020 tras o levantamento do estado de alarma e na que se mostrou un gran interese e apoio por parte do público participante, esgotándose as prazas en moi poucas horas.

Ampla oferta para todos os públicos

A Semana Azul inclúe diversas actividades que abarcan desde a práctica de deportes náuticos como kaiak, vela, surf, pádel-surf e bautismos de mar; xornadas de divulgación centradas na contorna da Ría de Vigo e xornadas técnicas con deportistas olímpicos; ademais doutras actividades de lecer e entretemento, como a visita a un gran veleiro, paseos históricos polo Casco Lanuxe de Vigo e unha cooking- class con produtos da Ría.

As actividades desenvolveranse na contorna da Ría de Vigo, coa colaboración de todos os asociados, que poñerán os seus recursos e esforzo ao dispor dos participantes. O programa definitivo farase público nos próximos días e estará dispoñible na web da asociación www.ariven.es.

Co obxectivo de cumprir coas medidas de protocolo pola COVID-19 e controlar os límites de aforo de participantes, será necesario rexistrarse para participar en cada unha das actividades. Para iso, habilitarase un formulario que estará ao dispor do público na páxina web de ARIVEN, a entidade organizadora.

Crecer en azul Segundo destacou o presidente portuario, este tipo de actividades forman parte da estratexia de Crecemento Azul do Porto de Vigo. Un Plan que “recoñece as actividades náuticas como un sector de gran valor social, económico e ambiental para a nosa Ría”, destacou.

Vázquez Almuiña avogou, ademais, por “optimizar, dinamizar e difundir a experiencia e coñecemento do noso sector entre a Administración, as empresas, a Universidade e, sen dúbida e fundamental, entre a cidadanía” como “gran consumidor dos beneficios de vivir nunha Ría que se posiciona como unha oportunidade de desenvolvemento profesional e que é unha fonte de saúde e benestar”.

Así mesmo, indicou que, con esta segunda edición da Semana Azul, “queremos facer chegar a todos a oferta náutico-deportiva que podemos practicar na nosa Ría, pero tamén compartir experiencias e coñecementos a través de xornadas de demostración gastronómica, divulgación sobre a biodiversidade, da importancia do coidado de praias, da nosa historia e, ademais, coñecer da man de grandes deportistas galegos, saídos da nosa Ría, os valores do deporte”. Por iso, “desde o Porto de Vigo apoiamos directamente a Semana Azul e esperamos que esta edición sexa o punto de partida da transformación azul da nosa Ría”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.