O domingo 26 de setembro terá lugar por 12ª ano consecutivo a Marcha Solidaria 700 camisetas contra a leucemia (NON COMPETITIVA) desde o CC A Laxe de Vigo ata a Praza da Peregrina de Pontevedra. As inscricións, que se abriron hai apenas mes e medio, e finalizarán o día 22 de setembro.
As inscricións pódense facer desde a nosa páxina web www.700 camisetascontralaleucemia. org
Ata o momento levan rexistradas algo máis de 300 persoas que realizarán camiñando, correndo ou en vehículos adaptados (para persoas con diversidade funcional dos colectivos de Discamino e Rodando) o 36 km que separan Vigo de Pontevedra por un percorrido único e moi especial para nós e para as persoas que esperan pacientes unha medula ósea compatible.
A marcha busca a través do movemento, sensibilizar á poboación sobre a necesidade de que aparezan novos rexistros de doantes de medula ósea para regalar vida en vida.
En Galicia non chegamos aos 15.000 rexistros dun total de algo máis de 430.000 que levaban contabilizados en España na memoria da REDMO de 2020.
Nesta edición queren remarcar a total adecuación do seu regulamento á situación sanitaria que estamos a vivir, de feito, a inscrición só será posible coa vacinación completa ou no seu caso, coa acreditación dun PCR negativo nas 48 horas previas á marcha.
Entregarase unha camisetas conmemorativa e unha mochila á hora de recoller os dorsais (en SAN Vigo Centro do 20 ao 23 de Setembro e no CC A Laxe o venres 24 e o sábado 25). A organización ofrece 5 puntos de avituallamiento e zona de masaxe na chegada de Pontevedra.