spot_img
InicioBaixo MiñoA asociación desenvolvemento rural ADR MAIV Baixo Miño presenta en Madrid un...

A asociación desenvolvemento rural ADR MAIV Baixo Miño presenta en Madrid un proxecto para persoas con discapacidade

A Asociación de Desenvolvemento Rural MAIV- Baixo Miño  vén de participar nunha Xornada de Desenvolvemento Rural Inclusivo, convocada por Red Rural Nacional (Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente), coa Colaboración do CERMI (Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad).

Representaron a Asociación MAIV- Baixo Miño  neste acto, o xerente, Marco Antonio García Rodríguez e Miguel Pazo Paramos, membro da Xunta Directiva da Asociación, e Miguel Pazo, presidente da Asociación de Persoas con Discapacidade VONTADE.

A xornada tivó lugar en Madrid, onde diferentes entidades presentaron as súas iniciativas respecto aos proxectos a desenvolver no medio rural no eido da inclusión social.

O proxecto presentado pola Asociación MAIV- Baixo Miño (“Potenciando Capacidades”), representa unha aposta estratéxica, que xa conta co apoio da Red Rural Nacional, e coa participación de máis de 19  asociacións de desenvolvemento rural, tanto de Galicia, como doutras rexións españolas.

“Potenciando Capacidades” é un proxecto innovador que trata sobre a formación das persoas do medio rural en risco de exclusión.

a-asociacion-desenvolvemento-rural-adr-maiv-baixo-mino-presenta-en-madrid-un-proxecto-para-persoas-con-discapacidade

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.