
Aproveitando a escala que fixeron en Vigo como parte do seu periplo de 6 meses polo océano Atlantico, o pasado xoves 6 de outubro os integrantes do buque escola A.R.C Gloria da Armada de Colombia quixeron coñecer mellor un dos produtos estrela do Rosal, os seús viños, e que mellor maneira de facelo que visitar unha das súas adegas máis representativas, neste caso a Adega Quinta Couselo na subzona do Rosal na D.O. Rías Baixas.
Despois dunha visita aos viñedos e instalacións realizouse unha cata comentada cos viños que elabora a adega. Entre os integrantes da expedición atopábanse os altos mandos do buque como o comandante de buque Capitán Mauricio Echandia e o capitán de Navío Andrés Osorio como acompañante da expedición entre os oficiais e suboficiais de máis alto rango, complementados cos cadetes do buque escola.
Á finalización do evento a adega foi recoñecida coa entrega da máis alta distinción realizada polo buque que é a placa en recoñecemento dos “Excelentes Servizos prestados ao buque escola “ARC Gloria ” durante o desenvolvemento dos cruceiros de adestramento de Cadetes e Grumetes.
Asi mesmo a adega fíxolle entrega aos oficiais dunhas edicións limitadas dos seus viños máis exclusivos.
O buque escola A.R.C Gloria
O ARC Gloria é o buque escola pertencente á Armada de Colombia e o buque insignia da súa academia naval. O Buque Escola ARC “Gloria” é tamén designado como o Embaixador flotante de Colombia nos mares do mundo.Foi construído en España en 1968 e é o máis pequeno e antigo dos catro veleiros irmáns construídos polo mesmo estaleiro (Bilbao)




