Inicio Vigo e área Vigo A Área Sanitaria de Vigo vai pór en marcha un proxecto pioneiro en...

A Área Sanitaria de Vigo vai pór en marcha un proxecto pioneiro en España para garantir áreas libres de virus circulante

A Área Sanitaria de Vigo vai pór en marcha un proxecto pioneiro en España para garantir áreas libres de virus circulante. Os resultados do estudo preliminar realizado a 8000 persoas, publicaranse nunha revista científica

A Área Sanitaria de Vigo vai pór en marcha un proxecto pioneiro en España para garantir áreas libres de virus circulante. Trátase dun sistema para vixiar e controlar a circulación do coronavirus en áreas estratéxicas, ampliando a capacidade diagnostica da COVID-19 a través do procesamento agrupado de mostras PCR diferentes. Esta técnica, coñecida como pooling, que xa foi probada con éxito no servizo de Microbioloxía do Chuvi, permite analizar nun único test as mostras de varios cidadáns, multiplicando a capacidade de avaliación actual.

A iniciativa foi presentada este luns polo xerente da Área Sanitaria de Vigo, Julio García Comesaña e xefe do servizo de Microbioloxía, Benito Regueiro, e conta coa colaboración da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo e da Fundación Amancio Ortega, que financiou este proxecto coa doazón dun innovador equipamento robotizado para procesar as mostras, cun investimento de 175.000 euros. Por parte da UVigo, está implicado do investigador Jacobo Porteiro, do Grupo de Tecnoloxías Enerxéticas, que explica que a idea partiu dunha publicación en redes sociais sobre un estudo dunha universidade alemana que comeza a traballar con esta técnica de pooling, xa empregada, por exemplo, durante a II Guerra Mundial para detectar casos de sífilis. “Eu traballo no eido dos motores térmicos, non teño nada que ver co ámbitio sanitario, pero cando me enterei das posibilidades desta técnica decidín facer un pequeno estudo e preparar un documento” que, dende a Universidade se trasladou á Xunta e da Xunta ao Chuvi, onde apostaron por ela e decidiron en poucos días poñerse a traballar apostando por esta idea. Precisamente polo éxito deste percorrido, Porteiro considera que se trata dun “exemplo de colaboración institucional” e amósase moi satisfeito por que unha suxestión “que podería ter quedado nun caixón, chegou a bo termo”.

A iniciativa foi presentada este luns polo xerente da Área Sanitaria de Vigo, Julio García Comesaña e xefe do servizo de Microbioloxía, Benito Regueiro
A iniciativa foi presentada este luns polo xerente da Área Sanitaria de Vigo, Julio García Comesaña e xefe do servizo de Microbioloxía, Benito Regueiro

Na comparecencia telemática desta mañá, García Comesaña e Regueiro  explicaron que esta metodoloxía resultará de grande eficacia para testar con grupos de persoas en grandes centros de traballo, como persoal sanitario, usuarios e traballadores de residencias sociosanitarias, así como colectivos das áreas industriais. Avanzaron que o estudo preliminar realizado con mostras agrupadas de máis de 8000 persoas, obtivo resultados moi satisfactorios que serán publicados proximamente nunha revista científica.

Pooling

O proxecto da Área Sanitaria de Vigo baséase no uso, por primeira vez en España, dunha técnica coñecida como pooling, que permite analizar nun único test as mostras de varios cidadáns, multiplicando a capacidade de avaliación actual.  “Consiste en agrupar as mostras de diferentes persoas e procesalas xuntas, como se fosen as de un só individuo. Se o resultado do procesamento da mostra resultante é negativo, se infire que cada unha das mostras orixinais son tamén negativas, co que se habería aforrado o tempo e capacidade que conlevaría o estudo individual de cada unha das mostras orixinais. Polo tanto, este sistema resulta de grande utilidade e eficiencia nas contornas con maior probabilidade de que os resultados sexan negativos, como sucede na actual fase de desescalada”, explicou o doutor Regueiro. Se, pola contra, o resultado global é positivo, tense que separar as mostras para volvelas a procesar, ou ben dividindo a mostra conxunta en fraccións máis pequenas ou analizando cada unha delas de xeito individual.

No servizo de Microbioloxía da Área Sanitaria de Vigo procésanse cada día unhas 1400 probas, utilizando distintos equipos, con distintas capacidades e velocidades de resposta. Así, lévanse realizadas máis de 45.000 PCR, entre elas a maioría das tomadas nas residencias socio-sanitarias da comunidade galega.

Segundo explicou Benito Regueiro, “os sistemas de testado por grupos foron utilizados por primeira vez no exército americano para o diagnóstico da sífilis; e este agrupamento de mostras para RT-PCR xa ten demostrado a súa efectividade en estudos de cribado de VIH, Chlamydia, Malaria, Influenza etc. No momento actual tamén tense planteado a utilización de grandes pools de mostras para a detección de COVID-19 en Nebraska (USA) e Israel”.

Áreas estratéxicas libres de virus circulante

Pola súa banda, García Comesaña reiterou que o obxecto final da posta en marcha desta técnica de agrupamento é “ademais de permitirnos identificar o antes posible a aparición de brotes da enfermidade, garantir áreas estratéxicas libres de virus circulante e dispoñer de sensibilidade e capacidade analítica para unha detección precoz da infección emerxente nestas zonas”.

En canto aos obxectivos concretos deste proxecto, o xerente subliñou dous: identificar individuos infectados en poboacións sas –permite a detección de portadores asintomáticos de forma rápida e económica- e clasificar ás poboacións segundo a súa prevalencia -de baixa (1%) ou elevada prevalencia (5%)-. Polo tanto, esta clasificación facilitará obter uns datos reais fundamentais para adoptar as medidas adecuadas de Saúde pública nos clústeres con elevado índice de contaxios. Resultará de grande eficacia para testar a grupos de persoas en grandes centros de traballo, como persoal sanitario, usuarios e traballadores das residencias sociosanitarias, así como colectivos das áreas industriais.

Estudo preliminar exitoso

O servizo de Microbioloxía xa ten realizado un estudo preliminar con mostras agrupadas. Desenvolveuse unha proba de concepto incorporando un robot que permite agrupar ata 128 mostras. Con este equipamento, sumado ao habitual do servizo, tense procesado mostras de máis de 8000 persoas, agrupados con distintos niveles de prevalencia. Os resultados foron moi satisfactorios e, de feito, están sendo completados para ser publicados nunha revista científica nos próximos días.

“Animados por estes resultados –argumentou Benito Regueiro- decidimos dar un salto cuantitativo e cualitativo, e deseñamos o equipamento necesario para pasar a unha fase de produción, composto por un robot de grandes dimensións e capacidade de agrupamento, e sistemas en cadea de extracción. Esta nova estrutura é a que vainos permitir por en marcha, de xeito industrializado, a técnica de agrupamento o Pooling e multiplicar por 20 a nosa capacidade”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies