O concertos se celebrarán na Praza das Praterias de la capital galega e están dirixidos fundamentalmente aos peregrinos para poñer en valor a música e a cultura galegas.
A Agrupación Musical de Vincios (Gondomar) foi a protagonista esta fin de semana, no ciclo de concertos “Musica no Camiño”, organizado por Turismo de Galicia en colaboración coa Federación Galega de Bandas de Música Populares.
No marco desta iniciativa, ofreceranse un total de 24 actuacións durante as fins de semana e festivos dos meses de xuño, xullo e agosto. O lugar de celebración será na Praza de Praterías de Santiago de Compostela, a partir das 20:30 horas, unha vez rematada a Misa do Peregrino. Os días que o tempo impida o seu desenvolvemento ao aire libre, a actividade terá lugar na Hospedaxe de San Martiño Pinario.
Os concertos terán unha duración aproximada de sesenta minutos e na súa maior parte interpretarán obras de autoría ou temática galega para contribuír a difundir a cultura galega e a promocionar as bandas de música populares de Galicia entre os peregrinos que acadan a etapa final do Camiño.
Deste xeito, os camiñantes tamén poden deleitarse con estes concertos sen ter que realizar ningunha reserva previa e sen ningún tipo de custo. Trátase así dun xesto para gratificar o esforzo e o sacrificio realizado durante a Ruta Xacobea.
Agrupación Musical de Vincios
A Agrupación Musical de Vincios (Gondomar) foi fundada en 1982. O seu primeiro concerto foi o día de San Pedro de 1983. A día de hoxe a banda está formada por 56 compoñentes. Dende novembro de 2014, o seu director é Francisco Valcárcel Piñeiro, que tamén dirixe a escola da Agrupación.
Natural de Salceda de Caselas, Francisco Valcárcel iniciou os estudos musicais na especialidade de bombardino e, despois, ampliaría a súa formación nos conservatorios de Vigo e Tui e en múltiples cursos de perfeccionamento e de dirección con prestixiosos profesionais recoñecidos a nivel mundial.
Foi profesor de tuba bombardino, de música e de linguaxe musical en diversas escolas de Galicia. Ademais, é membro e colaborador en diversas agrupacións coma a Banda Cultural de Salceda de Caselas, a Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares, a Turre’s Band ou as bandas municipais de Santander, Santiago e Bilbao, entre outras. O seu último proxecto como instrumentista é a recente publicación do disco Kiitos.





