spot_img
InicioVal MiñorGondomarA Agrupación Musical de Vincios e o Coro Galego Cantares do Brión...

A Agrupación Musical de Vincios e o Coro Galego Cantares do Brión presentan este domingo “Unha banda con raís”

O acto inclúese no marco da celebración do 40 aniversario da Escola de Música de Vincios

Este domingo 6 de outubro ás 18:00h na praza da Paradela en Gondomar, as formacións da parroquia de Vincios A.M de Vincios e Coro Galego Cantares do Brión darán un concerto no que se estrea o espectáculo “Unha banda con raís”.
Unha banda con raís é un espectáculo inédito que fusiona a música tradicional galega e a música de banda. É un xeito diferente de transmitir valores culturais que inclúe non só música, senón baile e literatura.
Nigrán realizou 56 préstamos de mochilas vibratorias para persoas sordas no seu estreno este mes de agosto
O concerto estará adaptado a persoas xordas por medio de intérpretes de signos (algo que Cantares do Brión ven facendo habitualmente nas súas actuacións) e mochilas con vibración que o Concello de Nigrán cedeu para a ocasión ao Concello de Gondomar.
Para o repertorio arranxado en exclusiva para “Unha banda con raís” a Agrupación Musical de Vincios contou coa colaboración dos compositores galegos Andrés Álvarez e Ernesto Campos.
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.