Inicio Baixo Miño A Agrupación Musical de Goián logra un 1º Premio no XIII Certame Galego...

A Agrupación Musical de Goián logra un 1º Premio no XIII Certame Galego de Bandas de Música

A Agrupación Musical de Goián logra un 1º Premio no XIII Certame Galego de Bandas de MúsicaFoi na sección terceira (ata 50 músicos), na que tamén acadou o Premio á “Mellor interpretación dunha obra de temática galega” por “Lobo de Río” de Andrés Álvarez.

Por segundo ano, a Agrupación Musical de Goián acudiu ao Certame cunha obra do compositor goianés. Neste caso inspirada nun cadro do ilustre pintor Antonio Fernández: o retrato do “Tío Cila, Lobo de Río” (década de 1950), na que plasma ao tío Cila, veciño de Goián, ao rematar unha xornada de pesca no río Miño.

O dobre éxito acadado pola banda é o resultado de moitas semanas de traballo baixo a batuta do mestre Pedro Villlarroel. Así o valorou o xurado internacional formado por Frank de Vuyst, Laurence Roman e Luis Serrano Alarcón.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies