spot_img
InicioVal MiñorBaionaA mostra "Rompe. Xoga en Igualdade" chega a Baiona

A mostra “Rompe. Xoga en Igualdade” chega a Baiona

Carmela Silva inaugura o luns 14 en Baiona “Rompe. Xoga en Igualdade” a rompedora mostra con “Barbes intervidas” coma protagonistas. As famosas bonecas como arquetipo da “muller obxecto” que amosan situacións de desigualdade, violencia e discriminación estarán ata o 3 de febreiro na Capitanía Marítima

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, inaugurará este luns, ás 12:15 horas na Capitanía Marítima de Baiona a exposición “Rompe. Xoga en Igualdade”. Esta mostra, que ten por obxectivo denunciar a discriminación e a desigualdade que sofren as mulleres a través dunha serie de escenas representadas por bonecas Barbie intervidas, estará aberta ao público ata o 3 de febreiro e poderá visitarse os venres, sábados e domingos de 17:00 a 20:00 horas.  

“Rompe. Xoga en Igualdade” é unha exposición itinerante creada por Isabel Blanco e Irene Silva e con fotografías de Noemí Chantada. Está protagonizada polas famosas bonecas “Barbie”, que foron intervidas para denunciar de forma impactante e rompedora a desigualdade entre homes e mulleres. Trátase dunha mostra vangardista e rompedora para golpear as conciencias e para facer pensar e reflexionar, cuxo obxectivo é non deixar a ninguén indiferente. Pretende “romper” e reivindicar a igualdade entre mulleres e homes, así como concienciar á sociedade da igualdade de oportunidades entre mulleres e home e do fin da discriminación e da violencia contra o 52% da poboación. Para lograr estes obxectivos hai que “romper” e traballar arreo para evitar a invisibilidade das mulleres.

“Rompe. Xoga en Igualdade” consta de 18 paneis cheos de poesía visual que teñen por obxectivo cambiar o mundo e golpear as conciencias. Así, as protagonistas dos paneis amosan as situacións de desigualdade, violencia e discriminación que viven as mulleres dende nenas, recalcando a importancia do xogo para a educación, transmisión de valores e formación de nenas e nenos. As bonecas seleccionadas para a mostra foi a “Barbie” por tratarse da máis famosa da historia e coa que, a diario, xogan milleiros de nenas no mundo, pero que, ao mesmo tempo, presenta a unha muller obxecto que transmite valores sexistas que se están a reproducir tanto nos xogos como nas condutas dos nenos e nenas.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.