A praza de abastos de Sabarís (Baiona), acolle unha nova edición do Mercado de Arte con exposicións, obradoiros e concertos todo o domingo
Sabarís acollerá este domingo, 14 de maio, unha nova edición do seu Mercado de Arte, organizado pola Asociación de Comerciantes e Empresarios (Coemsa). A iniciativa reúne máis de 500 obras de pintores, escultores e fotógrafos que se expoñen e venden nesta décima edición da festa da arte.
Ademais, a pintora Irene Silva realizará durante toda a xornada un mural de 8 metros de longo e haberá un collage de máis de 300 pezas en miniatura no que participan alumnos dos colexios de Sabarís e Belesar. Tamén Claudio Maseiro impartirá ás 11 da mañá un obradoiro de pintura para os máis pequenos e haberá concertos pola mañá e pola tarde



