50 anos da inauguración da Biblioteca P. M. Valle-Inclán de Redondela

50 anos da inauguración da Biblioteca P. M. Valle-Inclán O próximo 21 de setembro cúmprense 50 anos da inauguración da Biblioteca P. M. Valle-Inclán nos baixos da Casa Consistorial.

Para conmemorar a efeméride, as Bibliotecas Municipais de Redondela, organizan, este 21 de setembro,  unha visita guiada por Redondela para nenos de 6 a 12 anos, con especial fincapé nos edificios que acolleron á Biblioteca P.M. Valle-Inclán desde o ano 1968 ata os nosos días.

O percorrido, que comezará ás 18:00 h.,  estará conducido por Soledad Chayán e terá unha duración aproximada dunha hora.

A actividade é gratuíta pero necesita inscrición previa na Biblioteca Municipal de Redondela (986 40 15 61) pois as prazas son limitadas.

“A Ruta das Bibliotecas”, nome que designa á actividade, encádrase dentro das actividades conmemorativas do 50 aniversario das Bibliotecas Municipais de Redondela

Please follow and like us:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies