spot_img
InicioPontevedra e Área50 alumnos reciben os diplomas de formación dos cursos desenvolvidos pola Deputación...

50 alumnos reciben os diplomas de formación dos cursos desenvolvidos pola Deputación e a fundación INCYDE na provincia

50 alumnos reciben os diplomas de formación dos cursos desenvolvidos pola Deputación e a fundación INCYDE na provinciaCincuenta alumnos de Tui, Moraña, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e Lalín que participaron nos programas de formación da Fundación INCYDE e da Deputación de Pontevedra recibiron os correspondentes diplomas acreditativos no curso dun acto que tivo lugar en Turismo Rías Baixas, que contou coa presenza de responsables da institución provincial, do director de Desenvolvemento de INCYDE, Aurelio Jiménez, e do presidente da Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa, Miguel Falcón.

Un convenio entre a Deputación de Pontevedra e INCYDE posibilitou a formación destes alumnos en cursos de creación e consolidación de emprego e autoemprego e nun programa anticrise. Ademais destas modalidades, o convenio impartiu outros programas de apoio ó comercio retallista en Vigo e na Estrada, e de industria gandeira e láctea en Lalín.

A maiores deses cursos (impartidos en diversas localidades da provincia) o acordo da Deputación e INCYDE inclúe a construción de dúas naves para acoller viveiros de empresas nos polígonos industriais de Barro-Meis e Lalín.

Tanto os representantes da Deputación coma os do INCYDE subliñaron no acto de concesión de diplomas que o obxectivo dos cursos desenvolvidos foi elevar o nivel de competitividade das empresas, apoiar a promoción de proxectos innovadores e fomentar e facilitar a creación de emprego e autoemprego.

Próximo encontro internacional en Pontevedra

A colaboración da Deputación e a Fundación INCYDE proseguirá nos vindeiros meses coa organización dun encontro internacional de viveiros de empresas en Pontevedra, que terá especial incidencia en sectores estratéxicos da provincia coma o vitivinícola e que desenvolverá, entre outros aspectos, as seguintes cuestións: xornadas de traballo orientadas a xestores dos viveiros de empresas; acceso ó financiamento para as empresas viveiristas; desenvolvemento de experiencias internacionais comparadas; xornadas de innovación e desenvolvemento tecnolóxico; e “networking” activo, unha rede de contactos e oportunidades de negocio entre os propios asistentes ó encontro.

Nesta xuntanza participarán membros da rede de viveiros empresariais de INCYDE, a maior de Europa, con 96 viveiros funcionando e 15 en construción, todos financiados a través dos fondos FEDER.

A organización do encontro vén propiciada porque Europa enfoca as súas estratexias de desenvolvemento para o período 2014-2020 cara ó crecemento intelixente e innovador das micropemes. Para iso preténdese fomentar o intercambio e a cooperación entre xoves emprendedores para reforzar o tecido produtivo de cada país e recuperar o talento emigrado.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.