spot_img
InicioVal MiñorBaiona450 deportistas participarán no III Triatlón Atlántico de Baiona

450 deportistas participarán no III Triatlón Atlántico de Baiona

450-deportistas-participaran-no-iii-triatlon-atlantico-de-baionaA proba decidirá o campión galego de distancia estándar e contará coa paratriatleta Susana R. Gacio

O Concello de Baiona acollerá o vindeiro 4 de xuño o III Triatlón Atlántico co Campionato Galego de Distancia Estándar (Sen Drafting) en xogo e preto de 450 deportistas na liña de saída da praia da Barbeira, entre eles a paratriatleta olímpica Susana Rodríguez Gacio.

O alcalde de Baiona, Ángel Rodal; o presidente da Federación Galega de Triatlón, Óscar Surís, e a concelleira de Deportes, María Jesús Martins, así como os organizadores da proba, Román Rebanal e Rogelio Ferreira, presentaron este mércores a terceira edición do Triatlón Atlántico. O rexedor baionés sinalou que a proba “xa está consolidada” na Vila e con “boas expectativas” para acoller nun futuro próximo unha competición nacional ou internacional.

“Estamos ante unha das poucas probas que esgota as súas prazas en apenas unhas horas, polo que queda claro que ten moito futuro”, sinalou Óscar Surís tras destacar o excelente entorno que ofrece Baiona para a práctica do triatlón.

O III Triatlón Atlántico celebrarase o vindeiro 4 de xuño e consistirá nunha volta a nado de 1.500 metros dende a praia da Barbeira ata a praia da Ribeira, 40 quilómetros en bicicleta sen drafting (prohíbese ir á roda doutro corredor, así como rodar en grupo), completando dúas voltas ao circuíto de 20 quilómetros pola estrada PO-552, entre Baiona e Oia, e 10 quilómetros de carreira a pe polo Paseo de Monte Boi. A zona de transición e a meta estarán situadas no parque da Palma.

“Os participantes percorrerán o primeiro tramo de 1.500 metros nunha zona na que temos tres bandeiras azuis, o que da unha idea da calidade que ofrecemos en Baiona aos deportistas”, destacou Ángel Rodal.

A saída será ás 09:00 horas e a chegada aproximada a meta será ás 13:00 horas. Esta terceira edición está organizada pola Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, o Concello de Baiona, a  Deputación de Pontevedra, o Club Natación Galaico e o Club Triatlón Motobike-Galaico Pontevedra.

Os patrocinadores da proba son a Secretaría Xeral para o deporte, a Deputación de Pontevedra, o Concello de Baiona, Motobike Pontevedra, Club Natación Galaico, Gabinete Inmobiliario Pontevedra, Torre de Núñez e Combustibles Salcedo. Colaboran Protección Civil, Guardia Civil, Policía Local de Baiona, Brilat, Coca Cola, Bodegas Regina Viarum y Altos de Torona.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.