Presentación do XXXIX Trofeo Princesa de Asturias que se vai a celebrar o próximo día 15 de agosto.
O salón de actos da Confraría de Pescadores de Portonovo reunía ao alcalde de Sanxenxo Gonzalo Pita, Consuelo Besada deputada provincial de deportes, Antonio Barreiro representante da Federación Galega e ao presidente do Club Piragüismo Portonovo Alberto Rodríguez, para presentar unha nova edición, dun trofeo que volve disputarse en augas da ría de Pontevedra cinco anos despois.
O afán de Alberto Rodríguez, principal impulsor xunto co Concello de Sanxenxo de que a proba volvese a Portonovo, foi determinante para que a regata máis representativa do calendario galego discorrese por augas da ría pontevedresa. A eles uníronselles o Concello de Poio, Concello de Pontevedra e Deputación de Pontevedra.
A proba ten dous percorridos segundo as categorías, os homes e mulleres senior parten ás 11:30 desde a praia de Baltar en Portonovo coas súas embarcacións K4 e C4, cara á ponte do Burgo en Pontevedra, onde está situada a meta. Durante o percorrido de 20 quilómetros, os padeeiros terán que realizar un porteo na praia de Silgar en Sanxenxo, para logo coller rumbo cara á praia das Canteiras en Combarro, onde estará situada unha ciaboga de paso obrigatorio, máis adiante terán que realizar outra ciaboga na punta do dique á altura de praceres.
As categorías cadete e juevenil competirán en K2 e C2. A súa saída será á mesma hora desde a praia das Canteiras en Combarro.
A actividade do piragüismo galego este fin de semana é frenética, xa que a esta proba hai que unirlle o sábado o Descenso do Miño en Tui, o 4º Trofeo de Pntedeume puntuable para a Copa Provincial da Coruña e o domingo o Trofeo Ría de Aldán xunto co 5º Torneo de Kaiak Polo de Cangas, tres días cargados de competicións e espectáculo para os amantes do piragüismo.




