spot_img
InicioPontevedra e Área35 persoas desempregadas do Val Miñor participarán na nova edición dos obradoiros de...

35 persoas desempregadas do Val Miñor participarán na nova edición dos obradoiros de emprego “Terras do Miñor” e “Valmiemprega

"Terras do Miñor III" -xornada-formativa-Mexillón-de-GaliciaA Xunta de Galicia aproba unha nova edición dos obradoiros de emprego “Terras do Miñor” e “Valmiemprega”, na que está previsto que se formen 35 persoas desempregadas da comarca miñorana.

A Xunta de Galicia deu o visto bo a dous novos obradoiros de formación destinados a persoas desempregadas do Val Miñor. Nesta ocasión os talleres estarán enfocados aos sectores turístico, de hostalería e deseño de páxinas web.

Os obradoiros de emprego solicitados, e ambos aprobados, este ano polos concellos do Val Miñor foron dous. Por unha banda está a que será a terceira edición de “Valmiemprega”, promovido polos concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar en asociación. O obxecto de este obradoiro é formar a traballadores desempregados durante un período de nove meses nas especialidades de atención turística e promoción ao visitante, así como en deseño de páxinas web. O número de alumnos serán 20 (10 por especialidade) e o lugar de realización son as instalacións do CDL en Gondomar.

Por outra banda, o segundo proxecto aprobado é o de “Terras do Miñor VI”, promovido pola Mancomunidade do Val Miñor, e o obxecto do obradoiro é a formación de traballadores desempregados durante un período de 6 meses nas especialidades de servizo de restaurante e operacións básicas de cociña. Neste caso o número de alumnos será de 15 (8 de servizo de restaurante e 7 de operacións básicas de cociña) e o lugar de realización, o CPI e CEE de Panxón.

En ámbolos dous casos as especialidades do obradoiro levan aparelladas, no caso de ser superadas, o certificado de profesionalidade da correspondente especialidade.

Nas anteriores edicións, o 80% dos participantes do obradoiro “Terra do Miñor” lograron encontrar emprego, mentres que no caso de “Valmiemprega” a porcentaxe chegou ata o 60%. “Este tipo de iniciativas que levamos a cabo dende os concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar teñen un alto grado de empregabilidade pola calidade dos obradoiros. Para nos é un orgullo poder aportar formación á xente que non encontra traballo, posto que adquiren uns coñecementos vitais para poder atopar un emprego, necesitamos formación de calidade e os obradoiros son un grande acerto”, afirmou Ángel Rodal, presidenta da Mancomunidade do Val Miñor.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.