spot_img
InicioVal MiñorNigrán35 empresarios asistiron ao II Encontro de Negocios en Val Miñor que...

35 empresarios asistiron ao II Encontro de Negocios en Val Miñor que se celebrou en Porto Molle

Un grupo de empresarios, socios de OVALMI reuníronse o 24 de novembro en Porto Molle para realizar o II Encontro de Negocios en Val Miñor.

O evento foi todo un éxito, máis de 35 empresarios de diferentes sectores asistiron ao encontro para fomentar a súa rede de negocios e ampliar a súa carteira de contactos.

Ao longo a reunión tratáronse varios temas que quedaran pendentes na pasada edición, como a organización de talleres impartidos polos socios de Ovalmi de maneira gratuíta para os asistentes, coa finalidade de dar formación desde a experiencia propia de cada empresario no seu sector. Así como tamén a creación de grupos de traballo que se reúnan mensualmente para fomentar as colaboracións entre empresas, propostas en común, presupostos en conxunto, ou análise de posibilidades comerciais individuais.

Durante esta xornada os participantes expuxeron as súas intencións de asistencia a estas reunións mensuais e estableceuse a primeira data, 19 de Decembro, para o primeiro encontro da Rede de Negocios Val Miñor, nome co que bautizaron a este grupo de traballo.

Cabe destacar que estas sesións estarán abertas a todo aquel empresario, socio de Ovalmi ou que con tal motivo queira asociarse, que con seriedade e responsabilidade queira achegar a súa saber facer e a súa colaboración empresarial en busca de sinerxias e colaboracións activas ao grupo.

O II Encontro de Negocios destacou pola frescura das presentacións dos asistentes, que se esmeraron por destacar aquilo que os diferenciaba do resto, detalle que fixo que moitos dos alí presentes tomasen nota para logo comentalo durante o cocktail final.

A reunión finalizou cos socios reunidos ao rededor de dúas grandes mesas cheas de todo tipo de bebidas e bocados apetecibles e de grandísima calidade, preparados todos eles polos patrocinadores do evento, comerciantes do val. Nun ambiente distentido e natural falouse de negocios, colaboracións futuras e posibilidades empresariais mentres degustaban os magníficos produtos da zona.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.