spot_img
InicioBaixo MiñoA Guarda18 persoas foron contratadas por o Concello da Guarda ao abeiro do...

18 persoas foron contratadas por o Concello da Guarda ao abeiro do Plan de Concellos da Deputación

18-persoas-foron-contratadas-por-o-concello-da-guarda-ao-abeiro-do-plan-de-concellos-da-deputacion

Durante a segunda quincena do recen rematado mes de marzo e nos primeiros días deste mes de abril incorporáronse ao traballo 16 das 18 persoas desempregadas que o Concello da Guarda contrata a través do Plan Concellos, dentro da Liña 3 (emprego para conservación e funcionamento de ben e servizos municipais), da Deputación de Pontevedra.

Como parte deste Plan Concellos 2017 a Deputación concede unha subvención de 163.609,06 euros ao Concello da Guarda para a contratación de 2 operarios de vehículos de limpeza viaria, 1 oficial albanel, 2 axudantes albaneis, 3 peóns forestais para desbroce, 2 varredores, 1 auxiliar para o Centro Cultural, 1 Conserxe para o Castelo de Santa Cruz, 4 operarios de limpeza de praias, 1 técnico de Medio Ambiente e 1 técnico informático. Os 16 primeiros xa se incorporaron ós seus postos de traballo nos pasados días e o técnico informático e o técnico de Medio Ambiente iniciarán a súa actividade nas vindeiras semanas.

Con esta acción a Deputación Provincial de Pontevedra achega unha subvención que cubre os custes salariais e de seguridade social dos 18 traballadores e o Concello da Guarda aportará o importe correspondente a outros gastos como indemnizacións por fin de contrato, materiais de traballo, prevención de riscos laborais, etc.

O Concello da Guarda na contratación deste ano 2017 deu prioridade a contratos máis longos que o ano anterior nos casos nos que foi posible, buscando dar así máis estabilidade aos traballadores.

Todos os traballadores foron seleccionados de entre persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego, como requisito establecido pola Deputación, e de conformidade cos criterios de preferencia fixados pola mesma Deputación Provincial.

 

- Publicidade -spot_img