spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaOito mouteiras oficiais sinalizan o camiño Portugués pola Costa ao seu paso...

Oito mouteiras oficiais sinalizan o camiño Portugués pola Costa ao seu paso por Redondela

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, xunto ao alcalde do Concello de Redondela, Javier Bas, e a concelleira de Turismo da vila, María Teresa Paris, comprobaron a colocación das primeiras mouteiras que sinalizan o Camiño Portugués da Costa ao seu paso polo municipio.

No Concello de Redondela colocaranse 8 mouteiras das 81 que teñen os 150 quilómetros do tramo galego desta Ruta Xacobea que vén de ser recentemente recoñecida coa aprobación, no Parlamento galego, da Lei de Patrimonio de Galicia. O Camiño Portugués da Costa ven de dar así un paso máis garantindo, coa nova sinalización que comezou a colocarse no concello de Baiona, a seguridade dos peregrinos que a transiten facilitándolles o seu traxecto. Nos vindeiros días, o Xacobeo continuará coa colocación do resto das mouteiras nos demais concellos polos que atravesa a nova Ruta de Peregrinación a Santiago de Compostela.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.