spot_img
InicioVigo e áreaO Porriño120 deportistas disputan no Porriño a XXVI Liga Galega de Baloncesto Adaptado

120 deportistas disputan no Porriño a XXVI Liga Galega de Baloncesto Adaptado

120 deportistas disputanno Porriño a XXVI Liga Galega de Baloncesto AdaptadoOnce equipos participaron na primeira xornada da competición organizada pola Federación Galega de Deporte Adaptado

O Porriño converteuse unha vez máis na capital do baloncesto adaptado. Once equipos que reuniron a 120 deportistas participaron na primeira xornada da XXVI Liga Galega de Baloncesto Adaptado que disputou no Polideportivo Municipal.

Nesta primeira xornada da competición, organizada pola Federación Galega de Deporte Adaptado, disputáronse un total de 11 partidos nos tres campos habilitados.  Xogadores e xogadoras do Asdan, San Rafael, Celta Integra, Aspavi, Aspanaex, Saiar, Salacino C “A”, Saladino C “B”, Méndez Núñez e Saladino B disputaron os encontros ao longo de toda a mañá, nunha xornada na que se impuxeron o Asdan na categoría Competición e o Saiar na Adaptada.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, achegouse ao municipal a animar aos deportistas e animalos a “seguir esforzándose e, sobre todo, a seguir disfrutando do que resta de competición, polo menos tanto como disfrutamos nós do espectáculo deportivo que ofrecen”.

As próximas quendas serán o 4 de maio e o 2 de novembro, cando se pechará definitivamente a clasificación.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.