spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaCostas do Estado aproba a redacción do Proxecto de rexeneración do litoral...

Costas do Estado aproba a redacción do Proxecto de rexeneración do litoral da Lamiña na Guarda

estado-deterioro-no-litoral-do-esteiro-do-mino-chega-aos-parlamentos-galego-e-espanol

O “Ministerio para la Transición Ecológica” ven de aprobar no pasado mes de decembro o expediente de contratación de servizos para a Redacción do Proxecto “Estabilización de la margen derecha del Río Miño en su desembocadura, término municipal de A Guarda” baixo procedemento aberto cun presuposto total de 40.898,00€ IVE incluido.

Deste Xeito a Directora Xeral de Sostenibilidade da Costa e do Mar, Ana María Oñoro Valenciano, comprométese a aprobar o Pliego de Cláusulas Administrativas e de Prescricións Técnicas así coma  o Expediente de Contratación para o citado proxecto que dará pé ao inicio dos traballos precisos para a rexeneración deste litoral, gravemente afectado por unha forte erosión que provocou unha perda de áridos que afecta arestora a unha ampla franxa do litoral e do ecosistema dunar existente na zona próxima á desembocadura do Río Miño.

No ano 2015 o Servizo Provincial de Costas propuxo e executou na zona próxima ao Codesal unha actuación de protección do litoral con sacos terreiros, ante a solicitude feita dende o consistorio local polo deslizamento do sendeiro próximo, actuación que na actualidade se atopa “en total ruina” e da que tamén se solicita a súa reparación dende o concello.

O equipo de Goberno do concello da Guarda mantivo unha reunión monográfica a que acudiu tamén o presidente da Entidade Local Menor de Camposancos, Rafael Álvarez e o ex alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas. As conclusións desta reunión, ao entender do equipo do goberno, están na liña de defender os intereses do concello da Guarda e os valores mediombientais do espazo que sofre o problema erosivo, e pódense resumir nas seguintes:

·         Débese evitar que a auga do río entre na zona inundable que está por dentro do cordón dunar, que segundo o informe ten unha extensión aproximada de 150×30 m.

·         Débese evitar que continúe a erosión do litoral coa conseguinte perda do cordón dunar e da praia.

·         A solución que se adopte debe evitar a reprodución do problema no futuro polo que debe facilitar a rexeneración natural da praia e do ecosistema dunar. Non parece razoable gastar os cartos públicos en actuacións con risco de destrución como sucedeu na “escollera” do Codesal.

·         Para o concello resulta de interese que a zona da praia que desapareceu pola erosión do litoral poida recuperarse como un espazo de uso público. Hai que lembrar que a praia do Muíño ten os distintivos de Bandeira Azul e Eco-Praia

·         O concello entende que, ademais das consideracións mediomambientais, debe terse en conta a preservación e mantemento do dominio público que é  unha competencia de costas do Estado.

Nestes días o concello está pendente dun acordo entre Costas do Estado e Medio Ambiente da Xunta de Galicia para acometer unha solución provisional que evite que continúe o deterioro que está a sufrir o litoral.

Antonio Lomba, Alcalde da Guarda, seguirá de preto este proceso para tentar que a solución a esta problemática se realice de acorde aos intereses comúns e medio ambientais  da vila e dos seus cidadáns, para evitar, na medida do posible, que se volva a repetir.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.