Este venres 17 de abril a partir das 22.00 a artista Roma González Caicoya, ЯOMA, ofrecerá en directo por instagram desde o salón da súa casa en Nigrán o concerto que tiña programado realizar no Café Uf de Vigo.
ЯOMA ofrecerá un repertorio de cancións entre as que destaca a súa “Dale, Dale”, presentado o pasado mes de febreiro no seu concerto celebrado no Club Marítimo de Panxón e que se converteu nun himno de superación para esta interminable corentena.
A artista viguesa ЯOMA é tamén noticia estes días por ser unha das invitadas para participar no proxecto #SUENACONMIVOZ, organizado por D´Vinci Producións e Cea Vigo, que foi presentado esta semana e que se fará realidade o vindeiro luns.




