Inicio Baixo Miño A Guarda O GES da Guarda participa nun simulacro de emerxencias internacional no Río...

O GES da Guarda participa nun simulacro de emerxencias internacional no Río Miño

O GES da Guarda participa nun simulacro de emerxencias internacional no Río Miño

ONa xornada deste venres día 15 de marzo de 2019 un operativo do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Guarda participou nun simulacro de emerxencias internacional no marco do proxecto ARIEM 112 con medios de emerxencias galegos e portugueses que contou coa participación de persoal da AXEGA, Guardia Civil, GES da Guarda, Armada Española, Helicóptero Pesca 1, GNR, Protección Civil, Capitanía Marítima de Caminha, INEM, Bombeiros Voluntarios de Caminha, entre outros.

Ao longo da mañá os efectivos de emerxencias despregados realizaron un simulacro de incendio no Ferry Boat no Río Miño, participando na extinción do lume e evacuación de feridos. Un dos efectivos do GES da Guarda foi evacuado no Helicóptero do PESCA 1 dende o Ferry Boat.

O Concelleiro de Emerxencias do Concello da Guarda, Miguel Español e o Deputado  Provincial Santos Héctor, supervisaron dende a dársena de Caminha o transcurso deste simulacro, valorando moi positivamente este tipo de actuacións, posto que serven de formación para os compoñentes do GES, así coma unha gran axuda para a coordinación dos diferentes medios de emerxencias na zona transfronteiriza do Río Miño.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
282SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies