Inicio Pontevedra O Festival Primavera do Cine recibe preto de 150 obras e afiánzase...

O Festival Primavera do Cine recibe preto de 150 obras e afiánzase como un certame de referencia no mundo lusófono

A menos de dúas semanas de rematar o prazo de inscrición de obras a concurso, o Primavera do Cine pode confirmar que xa recibiu preto de 150 obras das que destaca a súa calidade e actualidade.

De feito, unha das grandes novidades da sección oficial da VIII edición, será que todos os traballos estarán producidas desde o ano 2017 en adiante, buscando así ofrecer un contido moito máis novidoso.

Ademais, nesta nova convocatoria destaca tamén a presenza non só de Galicia, se non tamén de Brasil, que xa o ano pasado tivera unha relevancia importante. Deste xeito, non cabe dúbida de que o Primavera do Cine estase a converter na porta de entrada da lusofonía en Europa.  

Por suposto o prazo de inscrición segue aberto e todos os cineastas ou produtoras que queiran enviar os seus proxectos poderán facelo inscribíndose na web ata o 25 de febreiro. Coma ven sendo habitual, os traballos audiovisuais deberán ser de produción galega ou lusófona e poderanse entregar tanto curtametraxes coma longametraxes e videoclips.

O FESTIVAL

O certame, que terá lugar entre o 30 de abril e o 5 de maio, está xa a traballar no resto de actividades paralelas que complementarán a sección oficial. Así, entre os actos máis importantes, encóntranse, entre outros, Cine Miúdo, destinado a cativos e cativas de infantil e primaria; Cine nos Barrios, que achegará o cine aos veciños da cidade ou o Ciclo de Cine Brasileiro, un evento que tivo unha gran repercusión o ano pasado e que conseguiu encher as salas dos Multicines Norte en cada unha das súas sesións.

Así, durante abril e maio, o Primavera do Cine promoverá o cinema e a cultura para que Vigo poida gozar dun festival cada vez máis afianzado na cidade e sempre cuns prezos populares.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies