Inicio Galicia Comeza a 6ª edición de VíaGalicia

Comeza a 6ª edición de VíaGalicia

ViaGalicia, a primeira aceleradora de Galicia abre ata o próximo 1 de abril, o prazo de recepción de proxectos que queiran participar nesta sexta edición para mellorar os seus modelos de negocio e poder chegar a adquirir financiamento para o seu crecemento e consolidación no mercado.

“Nesta edición priorizaremos a calidade dos proxectos fronte á cantidade e apoiaranse aquelas iniciativas que demostren maior fortaleza no seu sector e maior capacidade para xerar emprego e riqueza no noso territorio” afirmou David Regades, delegado da Zona Franca de Vigo, sobre esta nova edición.

Nesta liña, a capacidade de achegar valor engadido ao tecido empresarial galego, de dinamizar os sectores estratéxicos e de consolidarse no mercado, as aptitudes do equipo e o seu potencial para atraer investimentos, serán algunhas das claves que valorará o Comité para a selección dos proxectos. Cun orzamento de 2 millóns de euros, ViaGalicia prestará aos proxectos seleccionados formación, mentoring, tutorización, espazos de coworking e, finalmente, financiamento a aquelas startups que cheguen á fase de aceleración. As solicitudes para participar poden presentarse a través da web www.viagalicia.gal.

Do Startup Day á presentación a investidores.

Tras a recepción de candidaturas, levará a cabo unha primeira selección dun máximo de 80 proxectos entre as dúas sedes de ViaGalicia (situadas en Vigo e Lugo), que poderán participar no Startup Day. Nesta xornada avaliaranse as habilidades dos emprendedores e sairán seleccionados ata 40 proxectos (20 por sede) para a súa pre-aceleración durante a fase de Academia.

Durante estas sete semanas de Academia, achegaránselles as ferramentas e coñecementos necesarios para mellorar o seu modelo de negocio e a comunicación da súa proposta de valor. Posteriormente, no Demo Day, defenderán a súa proposta fronte ao Comité Técnico, formado por expertos de ViaGalicia e por representantes das entidades colaboradoras.

O Comité seleccionará os mellores proxectos –ata un máximo de 15-, que pasarán á fase de Aceleración durante un período de seis meses no Centro de Negocios do Parque Empresarial Porto do Molle (Nigrán).

Co apoio dun experto equipo de titores e mentores, os emprendedores prepararán a presentación dos seus proxectos empresariais a futuras roldas de investimento. A sexta edición finalizará coa celebración do Investors Day, xornada na que defenderán os seus proxectos fronte a empresas, colaboradores e fondos de investimento.

Oito millóns de investimento

Desde a súa posta en marcha no ano 2013, xa se investiron 8 millóns de euros neste programa de aceleración, ao que se presentaron máis de 1.000 candidaturas e das que se impulsaron máis de 160 proxectos. En total, formalizáronse 68 empresas, xerando así 340 novos empregos.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies