spot_img
InicioO MorrazoMarínRematan as obras de mellora e modernización da praza de abastos de...

Rematan as obras de mellora e modernización da praza de abastos de Seixo, en Marin

Rematan-obras-mellora-modernización-praza-abastos-Seixo-MarinO obxectivo dos traballos foi a modernización e mellora do edificio, coa reparación das escaleiras, a limpeza da cuberta e o pintado das fachadas

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou a praza de abastos da parroquia de Seixo co obxectivo de comprobar o remate das obras realizadas neste mercado de cara a súa modernización e renovación.

Na visita estiveron acompañados polo xefe territorial de Economía e Industria, Ignacio Rial e as concelleiras de Mercados e Medio Ambiente del concello de Tui.

A orde da Consellería (do 12 de marzo de 2014) á que se acolleu o concello de Marín, estableceu as bases reguladoras para a subvención de proxectos municipais co obxectivo de mellorar os mercados e prazas de abastos, así como dos espazos do comercio non sedentario, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia.

O proxecto para a reforma do mercado municipal de Marín supuxo un investimento de 30.310,50 euros, dos cales 22.732,87 euros foron aportados pola administración autonómica, “é dicir, o 75% do total”, explicou Cores Tourís.

As obras consistiron na reparación das escaleiras de pedra do acceso, limpeza da cuberta, reparación e pintado da porta principal, reparación de pavimentos, pintado de fachadas interior e exterior e colocación dun rótulo exterior de PVC.

“A adecuación e mellora dos equipamentos públicos comerciais municipais constitúen un elemento clave para o desenvolvemento do comercio”, recordou o delegado territorial. “Non podemos esquecer que, para estes efectos, as actuacións desenvolvidas polos concellos no ámbito comercial resultan imprescindibles e, moi especialmente, os mercados municipais, que teñen unha singular significación por constituíren espazos de centralidade comercial, que, a miúdo, teñen a capacidade de xerar actividades complementarias ao seu redor, ao tempo que constitúen unha canle de comercialización moi eficaz de produto fresco derivado do mar, a horta e a gandaría”, engadiu.

Por estas razóns, considera Cores Tourís que “é preciso adaptar estes espazos ás necesidades, tanto dos comerciantes como dos consumidores, dende o momento en que os mercados remodelados permiten consolidar unha forma de comercio de proximidade e a rexeneración dun contorno urbano das vilas e cidades”.

Neste senso, “resulta oportuno establecer unha liña de colaboración entre concellos como, neste caso o de Marín, e a Consellería de Economía e Industria de cara a acadar un modelo de calidade baseado nos principios de accesibilidade, sustentabilidade ambiental, organización e xestión de servizos, e convertelos en centros especializados en produtos da compra cotiá, desenvolvendo unha xestión global aos intereses dos comerciantes e dos propios consumidores, creando así tamén unha rede de mercados de Galicia”, explicou o xefe territorial.

José Manuel Cores Tourís recordou que a Xunta impulsou en 2014 actuacións por un total de 5,5 millóns en toda Galicia destinadas a potenciar os mercados de abastos e a impulsar a competitividade do comercio de proximidade, para os que facilitará axudas por un montante global de 3,8 millóns de euros.

En relación á provincia de Pontevedra, as axudas aportadas pola administración autonómica supuxeron case 2 millóns de euros (1.925.785,2 euros), facilitando así a execución de obras e melloras que contemplan un investimento total de 2.781.670,2 euros.

Pola súa banda, a alcaldesa da localidade agradeceu a implicación da Xunta de Galicia, e en concreto, da Consellería de Economía e Industria, de cara a mellora desta praza de abastos, “xa que é un motor de dinamización comercial de esta

- Publicidade -spot_img