spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán adhírese á plataforma electrónica FACe o que facilitará a presentación de...

Nigrán adhírese á plataforma electrónica FACe o que facilitará a presentación de facturas aos proveedores do Concello

Esta ferramenta facilitará a presentación electrónica de facturas a todos os provedores do concello.

O goberno municipal de Nigrán dá un paso máis no seu obxectivo de achegar a administración local ao cidadán ao adherirse á plataforma electrónica FACe, “Punto xeral de entrada de facturas electrónicas”. Esta ferramenta da Secretaría de Estado das Administracións Públicas, facilitará a presentación electrónica de facturas a todos os provedores do concello.

Nigrán adhírese á plataforma electrónica FACeEsta medida súmase a outras adoptadas polo goberno municipal ao longo deste mandato para achegar a administración aos veciños, así como abaratar e facilitar os trámites con outras administracións, entre as que destacan a recuperación da tramitación do DNI en dependencias municipais, a habilitación do portelo único ou a posibilidade de tramitar o cambio de domicilio nos permisos de circulación e condución.

Os códigos de usuario pódense consultar na páxina Web municipal, na área de intervención ou na sección Avisos, da páxina de inicio.

 

 

 

- Publicidade -spot_img