spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorPresentación do proxecto do novo IES de Soutomaior

Presentación do proxecto do novo IES de Soutomaior

Presentación-proxecto-novo-IES-Soutomaior

O Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodriguez, presentou hoxe o proxecto do novo IES de Soutomaior ante o Alcalde do Concello Agustín Reguera.

A Xunta vai facer un importante investimento público de preto de 5 millóns de euros

O centro, que contará cunha superficie construída de máis de 4.200 metros cadrados nunha parcela de preto de 23.000 metros cadrados con soportais e pistas polideportivo, desconxestionará o CPI Padín Truiteiro, favorecendo así o agrupamiento da etapa de ESO nun edificio independente. por tanto, esta nova obra permitirá desconxestionar o CPI, que pasaría a converterse nun CEIP unha vez rematado o traspaso do alumnado.

O novo IES de Soutomaior, con capacidade para 360 alumnos, contará cunha superficie construída que superará os 4.200 metros cadrados, sen contar os diferentes porches e a pista polideportiva. O edificio, cunha construción sinxela, práctica e duradeira, estará integrado co entorno ambiental e adaptado ao terreo. Ademais, a súa forma modular admitirá futuras redistribucións ou adaptacións a un custo mínimo.

O departamento educativo da Xunta espera comezar coa obra o próximo ano

En total o edificio distribuirase en tres plantas. Na -1 situarase o ximnasio e a cafetaría mentres a planta baixa albergará a administración, a biblioteca e a área docente de secundaria. Na planta primeira estarán os seminarios e o resto de área docente.

Segundo indicou o titular do departamento educativo do Goberno galego “hoxe damos un paso fundamental, pondo os cimentos do noso compromiso co obxectivo de que estes planos se convertan nunha realidade en pouco tempo, en aras de beneficiar a toda a comunidade educativa do Concello de Soutomaior”.

Segundo explicou o conselleiro, o seu departamento traballa para comezar coas obras o vindeiro ano, aínda que o concello debe dotar a zona primeiro do preceptivo proxecto de urbanización, a través do que quedarán garantidos os servizos de auga, rede de sumidoiros, electricidade, telefonía, gas e acceso rodado.

- Publicidade -spot_img