Inicio Pontevedra O Igape destaca en Redondela a aposta pola mellora da competitividade de...

O Igape destaca en Redondela a aposta pola mellora da competitividade de Alfico, líder en distribución de material deportivo

Igape-destaca-Redondela-aposta-mellora-competitividade-Alfico-líder-distribución-material-deportivo

O director do Igape, Javier Aguilera, destacou hoxe en Redondela o compromiso da compañía de distribución de material deportivo Alfico S.A.U. coa mellora da súa competitividade para optimizar a definición de tarefas, responsabilidades e procesos internos, para o que contou cos servizos avanzados que ofrece a Consellería de Economía e Industria a través do programa Reacciona.

O director do Instituto, Javier Aguilera, visita as instalacións desta compañía que distribúe en exclusiva as marcas do grupo New Balance en España, Portugal e Andorra

Fundada en 1975, a compañía Alfico distribúe actualmente, en exclusiva para toda España, Portugal e Andorra, o material dun dos grupos de marcas deportivas con máis prestixio e importancia a nivel internacional, os da compañía americana New Balance, tanto nos seus canais de deporte (Running, Fútbol, Tenis, Fitness) como de moda (Lifestyle).

A empresa galega acolleuse ao programa ReAcciona da Consellería de Economía e Industria para optimizar a definición de tarefas e identificar áreas de mellora de procesos

No marco do programa Reacciona, Alfico conseguiu implicar a todo o seu capital humano para identificar as áreas de mellora, optimizar a súa organización interna e mellorar, de xeito efectivo, os seus procesos.

O ReAcciona, aberto á presentación de solicitudes, busca reforzar a competitividade das empresas mediante servizos avanzados de profesionalización do capital humano e de desenvolvemento estratéxico

Durante a súa visita a esta empresa, Aguilera destacou que o Programa ReAcciona, que está aberto á presentación de solicitudes polas empresas, facilita servizos orientados a achegar novas competencias e habilidades ao capital humano das empresas, na procura de melloras consolidables na xestión das compañías. Segundo indicou, as empresas que desexen incorporarse o antes posible a este programa poden solicitalo ata o próximo 12 de setembro.

O programa ReAcciona busca reforzar a competitividade das empresas participantes, máis de 300 na primeira edición, mediante servizos avanzados de profesionalización do capital humano e de desenvolvemento estratéxico. Os servizos máis demandados deste programa están a ser o análise do potencial competitivo, visión e desenvolvemento estratéxico da empresa e o relanzamento comercial, entre outros.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies