spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA Deputación de Pontevedra aproba destinar máis de 1,6 millóns de euros...

A Deputación de Pontevedra aproba destinar máis de 1,6 millóns de euros para que doce concellos poidan empregar a 234 persoas

Deputación-Pontevedra-entrega-Premios-Provinciais-Investigación-Cultura-2014

Covelo, Crecente, A Lama, Moraña, Pazos de Borbén, Poio, Pontecesures, O Porriño, Portas, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e Tomiño son os beneficiarios desta achega ao abeiro do Plan Concellos 2017

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou que a Xunta de Goberno da institución provincial vai aprobar a concesión de 1.659.167,79 €, no marco da liña 3 de emprego do Plan Concellos 2017, destinados aos concellos de Covelo, Crecente, A Lama, Moraña, Pazos de Borbén, Poio, Pontecesures, O Porriño, Portas, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e Tomiño. Con esta achega, e coas aprobadas a semana pasada, a institución provincial leva xa investidos 2.592.186,64 € que están a permitir que vinte concellos da provincia poidan contratar a 347 persoas para manter e garantir os servizos municipais.

Carmela Silva subliñou a necesidade de que “as administracións sigamos impulsando medidas para loitar contra o desemprego” e engadiu que “sen esta liña os concellos da nosa provincia dificilmente poderían prestar servizos básicos xa que somos a única administración que pon á súa disposición recursos que permiten contratar a persoal e garantir así que poidan seguir prestando estes servizos, cubrindo ocos que está a provocar a lexislación aprobada polo goberno de Rajoy”.

Así, a Xunta de Goberno da Deputación aproba esta semana, ao abeiro da liña 3 do Plan Concellos, que doce concellos poidan contratar persoal. En concreto, Covelo recibirá 100.696,99 € para a contratación de 21 persoas, Crecente 87.226,50 € dirixidos a 11 traballadoras e traballadores, A Lama 104.786,90 € para 15 persoas, Moraña recibirá 104.670 € para a contratación de 10 traballadoras e traballadores, Pazos de Borbén 88.461 € dirixidos a 19 persoas, Poio 226.802,42 € para 28 traballadoras e traballadores, Pontecesures recibirá 73.458,64 € para a contratación de 8 persoas, O Porriño 236.737,16 € dirixidos a 52 traballadoras e traballadores, Portas 83.547,47 € para 10 persoas,  Salceda de Caselas recibirá 143.134,78 € para a contratación de 13 traballadoras e traballadores, Salvaterra do Miño 161.702,73 € dirixidos a 22 persoas e Tomiño recibira preto de 248.000 € para empregar a 25 persoas

- Publicidade -spot_img