spot_img
InicioVigo e áreaVigoZona Franca Vigo acolle a convención do proxecto BBTwins, unha plataforma de...

Zona Franca Vigo acolle a convención do proxecto BBTwins, unha plataforma de xemelgo dixital pioneira para a cadea de valor agroalimentaria en Europa

Zona Franca Vigo acolle a convención do proxecto BBTwins, unha plataforma de xemelgo dixital pioneira para a cadea de valor agroalimentaria en EuropaO Consorcio da Zona Franca de Vigo acolleu durante os días 12 e 13 de setembro a un proxecto europeo de referencia na dixitalización da cadea de valor agroalimentaria e a eficiencia dos recursos naturais e produtivos.

Revista COUSAS DE Nº18

Baixo o nome BBTwins, un conglomerado internacional con representantes de 7 países europeos desenvolveu unha innovadora plataforma de xemelgo dixital que aplica tecnoloxía de vangarda ao proceso completo do sector, desde a orixe ata o consumidor final.

Trátase dunha solución pioneira, con protagonismo empresarial e talento vigués, que marca un antes e un despois nun sector económico estratéxico. Este proxecto, que aplica tecnoloxía innovadora para crear unha réplica dixital en tempo real dos procesos físicos da industria agroalimentaria optimizando recursos e posibilitando mellores resultados, pode ser un modelo replicable noutros sectores e cadeas de produción, de aí a súa importancia a futuro.

As instalacións do Consorcio da Zona Franca de Vigo foron escenario da cuarta convención semestral de avaliación de seguimento do proxecto, tras visitar inicialmente Finlandia, España (Logroño) e Grecia. A vocal substituta do delegado especial do Estado no Consorcio, Ana Mª Mejías Sacaluga, coñeceu de primeira man a avaliación e detalles do proxecto agora que se atopa no seu ecuador de 2 anos e trasladar aos responsables do proxecto as potencialidades e oportunidades de negocio que brinda Vigo, o Consorcio e a súa área de influencia.

A esta reunión de seguimento do vixésimo oitavo do proxecto acudiron 35 investigadores e científicos, dos 7 países europeos inmersos no proxecto. A axenda da convención compóñena distintas xornadas técnicas, grupos de análises e debate, reunións bilaterais e o traballo no plan de explotación do programa para os próximos meses.

Os detalles do proxecto O proxecto BBTwins é un proxecto europeo, dentro da convocatoria europea BBI H2020 2020, liderado polo centro tecnolóxico CTIC-CITA da Rioxa. A compañía viguesa Soltec Enxeñeiros xunto ao seu spin-out, Norlean, son os coordinadores tecnolóxicos do proxecto, dentro dun conglomerado de organizacións internacional formado por un total de 13 socios europeos.
Actualmente estanse desenvolvendo en paralelo 2 xemelgos dixitais, un para o sector porcino en España e outro para o sector da froita (pexego e nectarinas) en Kozani, Grecia, integrando unha gran variedade de tecnoloxías no xemelgo dixital como IoT, Intelixencia Artificial, Visión Artificial (en rango visible e hiperespectral), Cloud computing, Blockchain ou Realidade Virtual. Este proxecto, cun horizonte de execución de 4 anualidades (2021-2025), dá resposta a unha necesidade de dixitalización de sectores tradicionais e está profundamente aliñado cos obxectivos de desenvolvemento que promove a Unión Europea para os estados membros.
.
Máis información: https://bbtwins.eu/
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.