spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaRedondela celebra o III Choquiño Urban Jam

Redondela celebra o III Choquiño Urban Jam

Redondela celebra o III Choquiño Urban JamA alcaldesa, Digna Rivas, o concelleiro de Deportes, Iván Valles e membros da organización presentaron a terceira edición deste festival de cultura urbana que se vai celebrar o sábado día 16 de setembro no skatepark de Redondela

Revista COUSAS DE Nº18

Haberá competicións de skate, BMX e scooter, torneo de baloncesto 3×3, clases de skate para todas as idades e actividades complementarias cunha demostración de “hair tattoo” a cargo da barbería Duranes e a música dos Dj Set, Carlos González e Ferwell.

“Nesta terceira edición o Choquiño Urban Jam está a consolidarse como un referente para os amantes do deporte urbano”, asegurou a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, na presentación deste evento que se desenvolverá o sábado 16 de setembro longo de todo o día no skatepark de Redondela, a carón do pavillón municipal da Marisma.

Na presentación, a rexedora local estivo acompañada polo concelleiro de Deportes, Iván Valles, e representantes da organización “que son un exemplo do traballo e a entrega da mocidade redondelá”. Rivas sinalou a implicación cada vez maior por parte das mulleres neste evento “coa presenza de moitas mozas tanto nas competicións como na organización do festival”.

O concelleiro de Deportes, Iván Valles, sinala que Redondela sempre destacou por ser un Concello cun gran nivel en moitas disciplinas deportivas “e os deportes urbanos tamén están a despuntar grazas a iniciativas coma esta” polo que salientou tamén “o gran esforzo dos organizadores, xa que sen o seu traballo un evento de cultura urbana coma este non sería posible”.

Marcos Fermoselle, un dos organizadores, explicou que o III Choquiño Urban Jam comezará ás 9.30 da mañá coas inscricións e clases de skate para público de todas as idades desde as 10.00. Hai xa bastante rapazada inscrita, pero os organizadores animan a todos os que o desexen “a achegarse a estas clases e ter a súa primeira experiencia cos patinetes porque a inscrición vai estar aberta ata o mesmo día”. Ás 11.00 será a competición de skate, ás 16.00 a de BMX e ás 18.00 a de scooter, nas que participarán en total uns cen deportistas. No caso da competición de baloncesto 3×3 a inscrición de equipos aínda está aberta. Haberá unha primeira fase desde as 11.00 e logo a fase eliminatoria a partir das 18.00.  Fermoselle amósase moi satisfeito do éxito que está a colleitar este festival “que está a medrar dun xeito incrible cunha gran participación tanto de deportistas como de público”. Desde a organización agradecen “a boa acollida” que tiveron por parte da alcaldesa e o concelleiro de Deportes para poñer en marcha esta iniciativa “xa que sen a implicación do Concello sería imposible organizar un certame deste nivel”, agradecemento que extenden a todas as firmas colaboradoras.

A xornada contará tamén cunha demostración de “hair tattoo” a cargo da barbería redondelá Duranes e a música dos Dj Set, Carlos González e Ferwell a partir das 21.30 horas.

As actividades de cultura urbana non se limitarán ao Choquiño Urban Jam, senón que se celebrará tamén en próximas datas “un certame no que se realizarán grafitis e pelexas de galos”, adiantou o concelleiro Iván Valles.

- Publicidade -spot_img