spot_img
InicioVigo e áreaVigoZona Franca lanza a 7ª edición de ViaExterior para axudar ás pemes...

Zona Franca lanza a 7ª edición de ViaExterior para axudar ás pemes galegas a entrar en novos mercados internacionais

zona-franca-lanza-a-7a-edicion-de-viaexterior-para-axudar-as-pemes-galegas-a-entrar-en-novos-mercados-internacionaisO Delegado da Zona Franca de Vigo, David Regades presentou a nova edición da aceleradora, que apoiará ás empresas na súa internacionalización de forma gratuíta durante 7 meses

Revista Cousas De Nº22

O Consorcio da Zona Franca de Vigo, abriu a inscrición para a 7ª edición de ViaExterior, a aceleradora multisectorial deseñada para preparar e acompañar ás pemes galegas na súa expansión internacional. Ata o 1 de outubro, as empresas interesadas poderán formalizar a súa participación a través da páxina web oficial http://viaexterior.com.

Na súa presentación, David Regades, destacou “o ambicioso programa deste ano”, cun enfoque interdisciplinar que combina accións de apoio con dinámicas prácticas, formación, mentoring, intelixencia competitiva e asesoramento personalizado, con acompañamento dun/a titor/a individual ao longo dos 7 meses do proceso de aceleración internacional. Regades incidiu no éxito do programa que ata a data apoiou a un total de 120 empresas galegas, facilitándolles o acceso a novos mercados. “Más de 90% das empresas que participaron connosco foron capaces de internacionalizarse Cremos firmemente no potencial das pemes de Galicia. Para Zona Franca as empresas son a clave, son o músculo e o gran activo que ten este proxecto”.

Os participantes de edicións anteriores destacan da aceleradora de Zona Franca a calidade do equipo docente, as ferramentas, o asesoramento personalizado e mesmo a posta en marcha de proxectos de colaboración con outros participantes. “Non hai mellor testemuño para valorar a importancia de Vía Exterior, engadiu o delegado, que as opinións dos que xa participaron. Eles son o noso mellor aval”.

ViaExterior brindará ás empresas seleccionadas, de forma totalmente gratuíta, o apoio dun equipo especializado de 30 profesionais, expertos en áreas crave como comercio exterior, fiscalidade, negociación intercultural, márketing e comunicación. Estes profesionais acompañarán ás empresas cun tratamento completamente personalizado para o desenvolvemento e execución das súas estratexias de internacionalización, axudándoas a explorar novos mercados, ampliar a súa rede de contactos e acceder a oportunidades de financiamento.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

O programa, que levará a cabo de novembro do 2024 a maio de 2025, foi presentado nas instalacións do Consorcio Zona Franca en Vigo que permitiu ás empresas coñecer en detalle o funcionamento do programa e os beneficios da súa participación, por exemplo entrar en novos mercados, conseguir certificacións, preparar a asistencia a feiras internacionais ou creación de joint ventures, entre outros. O próximo 11 de setembro presentarase en Pontevedra, ás 9:30 h nas instalacións de AEMPE, e o día 19 en Ourense, ás 12:30 h, na Asociación Empresarios Polígono San Cibrao.

- Publicidade -spot_img