spot_img
InicioVigo e áreaVigoZona Franca lanza a 6ª edición de ViaExterior para que as empresas...

Zona Franca lanza a 6ª edición de ViaExterior para que as empresas galegas amplíen negocio no exterior

Porto do Molle é centro piloto no programa europeo de reutilización de augas domésticas como fertilizantes agrícolasAs compañías interesadas poden inscribirse a través da web do programa ata o 10 de novembro ViaExterior pon ao dispor das empresas un equipo de 30 profesionais para axudalas cos plans de internacionalización, ampliar contactos e negocio no exterior

Revista Cousas De Nº19

O Consorcio da Zona Franca de Vigo lanza unha nova edición de ViaExterior, a aceleradora multi-sectorial para promover e aumentar a probabilidade de éxito na internacionalización das compañías galegas. Para iso, a entidade seleccionará un total de 20 compañías.

O programa, que cumpre a súa sexta edición, poñerá ao dispor das empresas un equipo multicultural de 30 profesionais para axudalas cos seus plans de internacionalización, lograr novas oportunidades de negocio noutros países, ampliar contactos ou acceder a financiamento no caso de que así o desexen. Trátase de persoas expertas en ámbitos relacionados co comercio exterior pero que tamén dominan aspectos vinculados coa fiscalidade, a negociación ou a comunicación, entre outros. Ademais, a nova edición de ViaExterior incorpora ao equipo persoas expertas en perspectiva de xénero e en Responsabilidade Social Empresarial (RSE).

En ViaExterior poderán participar, sen custo, empresas con certa presenza internacional que busquen aumentar a súa actividade no exterior, ou ben, compañías de recente creación con vocación internacional. O prazo de inscrición está aberto ata o 10 de novembro. Para iso, as empresas interesadas en participar deben cumprimentar o formulario na páxina web http://viaexterior.com/

O programa formativo de ViaExterior comeza en decembro e prolongarase ata xuño de 2024. A aceleradora inclúe tamén actividades networking coa participación de empresas das edicións anteriores; haberá visitas ás súas instalacións ou actividades lúdicas, entre outras.

Presentacións en Ourense, Pontevedra e Nigrán

Para dar a coñecer ás empresas os detalles do programa, O Consorcio de Zona Franca de Vigo celebra tres xornadas informativas. A primeira delas celebrouse na Asociación de Empresarios de San Cibrao, en Ourense, o pasado martes, 17 de outubro. Pola súa banda, as empresas da cidade do Lérez poderán profundar no programa o xoves, 26 de outubro, nun evento do Foro Pontevedra que se celebra no Hotel Galicia Palace. A terceira das xornadas será no Porto do Molle, en Nigrán o martes, 31 de outubro.

Na sede do CZFV tamén están ao dispor dos interesados para dar información sobre o funcionamento desta aceleradora. As empresas poden inscribirse xa nesta ligazón

ViaExterior, 100 empresas que ampliaron fronteiras

Ata o momento, 100 empresas galegas recibiron formación personalizada con ViaExterior en 5 edicións. A maioría das compañías lograron estar presentes en, polo menos, un novo mercado a través de exportación directa, de creación de filiais ou con novos distribuidores

Outro aspecto destacado é que a maior parte das empresas ampliaron o seu equipo humano na área de internacionalización, xa sexa a través da contratación de novos profesionais ou ben ampliando a súa rede de distribuidores e axentes no exterior.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.