spot_img
InicioBaixo MiñoO Ciclo de Teatro da Deputación chega este sábado a Tomiño, Gondomar...

O Ciclo de Teatro da Deputación chega este sábado a Tomiño, Gondomar e Mondariz

Teatro e música este fin de semana no Auditorio Luís Tobío de Gondomar
Auditorio Lois Tobio, Gondomar

Ibuprofeno Teatro porá en escena “Smoke on the water” no Auditorio de Goián (Tomiño) ás 18:30 horas,  Ártika Cía “A Illa da deslembranza” no  Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar ás 19:00 h e A Panadería “As que limpan” no Auditorio Municipal de Mondariz ás 21:30 h

Revista Cousas De Nº19

O ciclo de teatro “Tornar ás táboas” da Deputación de Pontevedra chega este sábado a Tomiño, Gondomar e Mondariz con tres funcións con entrada libre ata completar aforo. Ibuprofeno Teatro porá en escena “Smoke on the water” no Auditorio de Goián (Tomiño) ás 18:30 horas, Ártika Cía fará o mesmo con “A Illa da deslembranza” no Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar ás 19:00 horas e A Panadería con “As que limpan” no Auditorio Municipal de Mondariz ás 21:30 horas.

“Smoke on the water”, a peza que interpretará Ibuprofeno Teatro no Auditorio Municipal de Goián, en Tomiño, ás 18:30 horas, conta a historia de Ritchie (Blackmore), un home que vive ancorado a música dos anos 70 e en unha tenda de discos e vinilos de colección. Janis (Joplin) xa fai anos que non canta e estuda filosofía na universidade. O seu matrimonio sobrevive despois de case 25 anos de crise permanente nunha relación de dependencia que se ve ameazada pola aparición de Alex, un gigoló de ideoloxía vandálica e transgresora. É un enredo amoroso-financeiro co rock como telón de fondo entre un grupo de seres humanos maltratados pola vida que está pensado para un público mozo e adulto.

Pola súa banda “A Illa da deslembranza”, que se poderá ver no Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar ás 19:00 horas, trátase dun espectáculo dirixido ao público infantil e familiar. Conta a historia de Uxía, que quere axudar á súa avoa a recuperar os recordos perdidos e todas as historias vividas, e aborda a enfermidade de Alzheimer co obxectivo de axudar a comprender situacións que poden darse nun ambiente familiar.

E “As que limpan”, que representará A Panadería o sábado ás 21:30 horas no Auditorio Municipal de Mondariz, trátase dun espectáculo dirixido a un público mozo e adulto. Está inspirado na loita organizada polas camareiras de piso dos hoteis para conseguir uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia dos propietarios das cadeas hoteleiras. A obra, estreada por vez primeira en febreiro de 2022, recibiu numerosos galardóns como os María Casares ao mellor espectáculo, ao mellor texto orixinal, á mellor actriz protagonista (Noelia Castro) e á mellorar dirección, ou o Premio do Público na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, entre outros.

Co ciclo teatral “Tornar ás táboas” a Deputación de Pontevedra vai achegar entre outubro e decembro un total de 49 funcións gratuítas e dirixidas a todos os públicos a outros tantos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, coa participación de trinta compañías galegas que ofrecerán unha ampla variedade de espectáculos.

- Publicidade -spot_img




[adrotate group="1"]